O Concello impulsa esta proposta cultural, que traerá á vila unha selección de filmes e curtas seleccionados nos Premios Mestre Mateo. Será todos os martes ás 19.30h, desde o 23 de setembro ao 28 de outubro, na Biblioteca.
Marín, 18 setembro 2025
A partir da próxima semana, os martes en Marín serán para o cinema galego. O Concello anunciou esta mañá a actividade cultural “Martes de Cinema”, unha proposta para achegar á veciñanza de Marín os filmes seleccionados dentro dos Premios Mestre Mateo, da man da Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra.
Serán seis sesións, unha delas de curtas, cinco de de longametraxes de ficción e unha de documental. As proxeccións serán os martes, do 23 de setembro ao 28 de outubro, ás 19.30 horas, no Salón de actos da Biblioteca Pública, con entrada libre e de balde.
Así será o reparto da parrilla:
23/09 🎬 +Cuñados
Un cadáver aparece xusto no medio da ponte internacional de Tui. Uns días antes… Chegou o Entroido e a familia Ribeiro prepárase para desfrutar das festas favoritas de calquera bo ourensán. Unha comedia irreverente e divertídisima, 100% galega e que segue os pasos do trío de cuñados máis famoso desta terra.
- 90 mins.
- +12 anos.
- Finalista nas categorías de: Mellor longametraxe, Mellor interpretación masculina protagonista, Mellor dirección, Mellor maquillaxe e perruquería, Mellor dirección de arte, Mellor montaxe, Mellor dirección de produción e Mellor música orixinal.
30/09 🎬 Aurora
Aurora e Area, mulleres achegadas de mundos totalmente dispares e con gran diferenza de idade entre elas, establecen unha forte relación de intimidade, confianza e profundas conversacións ligadas á morte, a familia, a guerra e o papel da muller.
- 65 mins.
- +12 anos
- Finalista na categoría de Mellor Documental
07/10 🎬 Honeymoon
Eva e Carlos son un matrimonio en destrucción. Unha parella en ruinas. Só Jonás, o fillo que un día tiveron xuntos, mantennos unidos, pero morre nun accidente absurdo nos Estados Unidos. Como xestionar e superar algo así, cando xa nada te une?
- 86 mins
- + 12 anos
- Finalista nas categorías de: Mellor longametraxe, Mellor interpretación feminina de reparto, Mellor guión, Mellor interpretación masculina de reparto, Mellor dirección, Mellor interpretación masculina protagonista, Mellor dirección de fotografía, Mellor montaxe, Mellor son e Mellor vestiario.
14/10 🎬 Especial Martes de Curtas
Imaxe real:
- Nai: Rois, 1970. No máis profundo de Galiza, a desaparición dunha cativa fai tremer os cimentos da familia Bandín. Tan só o complexo plan dunha nai desesperada poderá esclarecer o destino final da súa filla (16 mins)
- Pura: Unha muller volta a casa para recordar(se) e recoñecerse. Colle unha cámara e filma por primeira vez. O retrato da súa nai e da súa avoa é tamén o seu propio retrato. Grazas a elas, reconcíliase co lugar e as lembranzas (25 mins)
- Véxote: David e Lola van pasar uns días á casa rural do seu amigo Marcos. No medio da natureza buscan atoparse, verse (20 mins)
Animación:
- Sinopse: Andrea, unha anciá con Alzheimer, recibe a visita da súa filla Marta na residencia na que se atopa. Durante este encontro, terá unha épica batalla na súa mente contra un monstro que simboliza a súa enfermidade (4 mins)
- Platónico, platónica: Créame un título para un filme sobre o amor. Platónico, platónica é un ensaio audiovisual sobre as imaxes, o amor e a súa verdade. Porque sen amor non hai imaxe (9.30 mins)
21/10 🎬 Xustiza Artificial
O goberno español anuncia un referendo para aprobar un sistema de Intelixencia Artificial na Administración de Xustiza que promete automatizar e despolitizar a xustiza. Ábrese un debate encarnizado. Ten a xustiza un carácter humano irrenunciable? Unha xuíza que forma parte do proceso e a creadora do sistema, que desaparece, serán as protagonistas dun thriller onde a IA ten moito que dicir… ou xulgar.
- 98 mins
- +12 anos
- Finalista nas categorías de: Mellor longametraxe
28/10 🎬 Filmei paxaros voando
Zeltia, tras dúas décadas en Barcelona, lonxe da súa Galicia natal e da súa nai Socorro, refresa para filmar unha película e entender que é o que lle creou ese desarraigo familiar. A saúde da súa nai empeora e comeza tecerse un espazo para sanar vellas feridas e compartir novos momentos de complicidade e amor.
- 100 min
- +12 anos
- Gañadora na categoría de Mellor documental