Marín clausura o Programa Integrado de Emprego, do que se beneficiaron 100 mulleres
Marín clausura o Programa Integrado de Emprego, do que se benefficiaron 100 mulleres

Marín clausura o Programa Integrado de Emprego, do que se beneficiaron 100 mulleres

O delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo, interviron no acto que puzo fin a un ano de formación e orientación laboral

Marín, 29 setembro 2025

O Concello de Marín celebrou hoxe no Museo Municipal Manuel Torres o acto de clausura do Programa Integrado de Emprego (PIE), unha iniciativa da que se beneficiaron 100 mulleres, que puideron mellorar as súas competencias profesionais de cara a aumentar a posible inserción laboral futura.

O director do programa, Óscar Rey, foi o encargado de abrir o acto, agradecendo a confianza depositada por todas as persoas usuarias e destacando as múltiples saídas laborais ás que se encamiñaron ao longo destes meses. Subliñou tamén o carácter humano e de acompañamento que marcou esta edición, incidindo en que este tipo de programas non só ofrecen formación, senón tamén apoio continuo para favorecer a inserción laboral.

Pola súa parte, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera, salientou que “a mellor política social é a política de emprego” e puxo en valor a formación como ferramenta esencial para mellorar a empregabilidade. Lembrou que non todos os concellos dispoñen deste tipo de programas, xa que dependen de proxectos avaliados positivamente pola Xunta. Neste caso, Marín contou cunha subvención de 170.000 euros. Reguera felicitou ás participantes polo seu compromiso, lembrando que a súa implicación persoal é unha parte clave do éxito.

A alcaldesa, María Ramallo, foi a encargada de pechar o acto. No seu discurso animou ás usuarias a “formarse e competir” nun mercado laboral que recoñeceu

como complexo, pero no que “chegar cos deberes feitos sempre é a mellor garantía”. Ramallo asegurou que o Concello continuará solicitando novos Programas Integrados de Emprego e Obradoiros de Emprego, dispostos a facer o esforzo necesario para que estas iniciativas cheguen ao maior número de persoas posible. “Sembrando, sempre acaba dando resultado”, concluíu.

O acto serviu así como peche dun proxecto que deixou unha pegada positiva tanto nas participantes como na propia comunidade, reforzando a importancia do traballo conxunto entre administracións para mellorar as oportunidades laborais.

Anterior O Concello adxudica as luces de Nadal á empresa Tecmodeco

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados