Chamamento ao espírito voluntario da veciñanza marinense para participar na gran recollida de alimentos do 7 e 8 de novembro
Recollida de Alimentos

Chamamento ao espírito voluntario da veciñanza marinense para participar na gran recollida de alimentos do 7 e 8 de novembro

A entidade sen ánimo de lucro explica que esta recollida, que se convoca en toda España, realizarase en sete supermercados locais, polo que se precisan máis de 110 voluntarios na vila

Marín, 17 outubro 2025

O Banco de Alimentos reclama a atención de todos os españois en xeral, e neste caso dos marinenses, solicitando doazóns alimentarias durante a primeira fin de semana do mes de novembro.

Serán os días 7, venres, e 8, sábado cando ás portas dos establecementos alimentarios de toda España apostaranse os voluntarios e voluntarias que soliciten aos clientes a colaborción coa campaña que serve, xeralmente, para abastecer as despensas dos Bancos de Alimentos que distribúen á súa vez os alimentos ás asociacións e comedores benéficos que atenden a necesidade de moitas familias en estado de precariedade económica.

No caso de Marín necesítanse máis de 110 voluntarios

En Marín, organízase a recollida con persoas voluntarias que colaboran cubrindo quendas de dúas horas ou dúas horas e media nos supermercados, é dicir, de
09.30 a 12.00 e de 12.00 a 14.00 horas, nas mañás, dos días 7 e 8, e de 15.30 a 18.00 e de 18.00 a 19.00 horas, polas tardes en ambos os días.

En realidade son moitas as persoas voluntarias precisas para atender estas quendas, xa que o ideal é que cada un conte con dúas persoas e, para iso establécese un servizo de coordinación para adxudicar as quendas segundo as posibilidades de cada persoa na medida do posible.

A tarefa do voluntariado, perfectamente identificado con chalecos da campaña, consiste na información verbal ou coa entrega dun folleto explicativo, aínda que xa a gran maioría coñece o motivo e a dinámica da mesma, e a recollida e almacenaxe, ordenando os produtos doados que despois retirará o Banco de Alimentos.

Como inscribirse para colaborar

O teléfono de coordinación para cubrir as quendas antes mencionadas é o 696599270 no que, tras a identificación do voluntariado seralle outorgado un posto, ou máis se o desexan, segundo a disponililidad e a medida de que se vaian ocupando as quendas.

Desde o equipo de coordinación rógase a colaboración das asociacións culturais ou deportivas, colexios e persoas que o desexen para facer efectiva entre todos esta lamentablemente necesaria, un ano máis, campaña do Banco de Alimentos.

Anterior Marín volverá contar cun Programa Integrado de Emprego, que beneficiará a 100 persoas

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados