Trátase dunha vía que carece de firme e que permitirá aliviar os atascos que se forman na zona e mellorar o acceso a un dos mellores enclaves naturais do municipio
Marín, 13 novembro 2025
O Concello de Marín vén de firmar un convenio coa Consellería de Medio Rural para incluir dentro do Plan de Infraestructuras Rurais PIR 2026 a financiación do proxecto de acondicionamiento e pavimentación do camiño municipal da Grela, cunha inversión de case 50.000 euros.
Este proxecto permitirá a mellora integral dun dos camiños que conecta os núcleos da Grela e O Igrexario, cunha lonxitude de 150 metros, que neste momento carece de firme e que se atopa nunhas condicións que apenas permiten o seu uso para o tráfico rodado.
Contémplase o acondicionamento e ensanche da plataforma ata os 5.70 metros, creando tamén unha cuneta de formigón para o drenaxe.
Con esta actuación, mellorarase enormemente a seguridade viaria no acceso ao Lago Castiñeiras, un dos entornos naturais máis importantes do municipio, habilitando unha subida alternativa á existente, que non permite o paso de dous vehículos en direccións contrarias con facilidade. Tamén se resolverán os problemas de “tapón” de tráfico que ás veces se producen no núcleo, sobre todo cando pasan camións de maior tamaño.
