O entorno da dársena portuaria avanza na súa mellora
O entorno da dársena portuaria avanza na súa mellora

O entorno da dársena portuaria avanza na súa mellora

A alcaldesa, María Ramallo, achegouse a realizar unha visita a pé de obra coa empresa para comprobar o estado actual dos traballos

Marín, 24 novembro 2025

Despois de recuperar medioambientalmente a antiga dársena portuaria e volver poñer a disposición da cidadanía esta antiga praia urbana, agora todo o entorno, que estaba infrautilizado, está transformándose para ganar máis verde, máis espazo de paseo e unha mellor conexión co Alcalde Blanco

A alcaldesa, María Ramallo, achegouse a pé de obra xunto cos responsables da empresa para comprobar o avance dos traballos, onde xa se procederá pronto ao formigonado e ao establecemento duns grandes parterres, cos que se porá moita vexetación na zona, axudando á súa integración co entorno natural.

“Este proxecto, que é unha das nosas apostas firmes pola recuperación de toda a zona que conecta a Praza de España co Paseo Alcalde Blanco,”, explicou a alcaldesa, que lembrou que antes de actuar nela, “a lámina de auga presentaba un estado descuidado, coa presenza de neumáticos, fondeos, amarres e restos de obra, como cascotes, ladrillos e bloques de construción. “Agora xa é evidente a limpeza da auga e do fondo”, expresou Ramallo, “e toca seguir coa integración do entorno para que sexa agradable”.

A rexedora lembra, ademais, que tanto a inversión na lámina de auga como desta mellora urbana “supoñen 0 euros de gasto para o Concello, xa que todo está financiado a través do Plan de Sostibilidade Turística, do que conseguimos unha ampliación de 300.000 euros”.

O entorno da dársena portuaria avanza na súa mellora
Anterior As obras en Pedreiras de Abaixo encaran a súa recta final co inicio da pavimentación

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados