O Centro de Atención a Persoas Maiores de Marín realizará un obradoiro de achegamento as novas tecnoloxías aberto ao público
Persoa maior con tecnoloxías

O Centro de Atención a Persoas Maiores de Marín realizará un obradoiro de achegamento as novas tecnoloxías aberto ao público

Marín, 21 xaneiro 2026

O Centro de Atención a Persoas Maiores de Marín, pertencente á Rede de centros de maiores da Xunta de Galicia, realizará dende o vindeiro mércores 28 de xaneiro ata o 15 de abril de 2026 un obradoiro de Achegamento as Novas Tecnoloxías en horario de mañá, dende as 11:00h ata as 12:00h, no Museo Municipal Manuel Torres de Marín.

O obxectivo deste obradoiro é ofrecerlle á comunidade os nosos servizos e contribuír no benestar social das persoas maiores do municipio. Con este obradoiro pretendemos brindar apoio ás persoas maiores no uso das novas tecnoloxías para que poidan desenvolverse na súa vida diaria e sexan coñecedores tanto das utilidades e beneficios como dos perigos e limitacións do seu uso.

O teléfono de contacto para anotarse é o seguinte: 636 578 034 (é preciso chamar ou mandar unha mensaxe para anotarse).

Achegamento ás novas tecnoloxías
Anterior A marinense Raquel Catalán estréase na escrita con “Anaquiños”, que presentará este venres no Museo Torres

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados