As personaxes do Enterro da Sardiña, protagonistas da imaxe do Entroido de Marín
As personaxes do Enterro da Sardiña, protagonistas da imaxe do Entroido de Marín

As personaxes do Enterro da Sardiña, protagonistas da imaxe do Entroido de Marín

O Concello e as asociacións implicadas no Entroido presentaron esta mañá o cartel e a programación completa desta festa, que arrancará o venres 13 de febreiro

Marín, 27 xaneiro 2026

A alcaldesa, o garda civil, o bispo, as viúvas… E por suposto a sardiña. Esas personaxes son as protagonistas do cartel deste ano do Entroido de Marín, no que “quixemos destacar o noso Enterro, que é Festa de Interese Turístico de Galicia, e que porá, coma sempre, o broche de ouro a unha programación entroidera chea de momentos de festa para a que xa non queda nada”.

Así se expresou a alcaldesa, María Ramallo, na presentación que tivo lugar hoxe no Concello e na que, xunto coa concelleira de Festas, Marián Sanmartín, participaron algunhas das asociacións enroladas no Entroido: o Ateneo Santa Cecilia, a comparsa Os da Caña e Amigos dos Rapaces.

Volverán os cantos de taberna, o desfile infantil e o de adultos, a Festa do Merengue, as ludoxornadas… Todas as actividades que conforman o Entroido de Marín xunto co Enterro e ás que támen se suman os entroidos de San Xulián e o de Seixo, coa súa Burra Chirica.

Desde o Concello lembran que quedan poucos días para inscribirse nos desfiles. O prazo para ambos remata o xoves, 12 de febreiro, ás 14.00 horas. Está toda a información nas bases publicadas na web. En total, repartiranse cerca de 18.000 euros en premios.

PROGRAMACIÓN COMPLETA POR DÍAS

Venres, 13 de febreiro

20:00h. Cantos de Taberna polos bares de Marín. Organiza: Concello de Marín e Saljariteiros.

Sábado, 14 de febreiro

16:00h. Inscrición Desfile Infantil. Alameda

16:30h. Desfile Infantil: Alameda, Real, Praza do Reloxo, Sol, Concepción Arenal, Ezequiel Masonni, rematando no Parque Eguren. (No caso de choiva, o desfile cancelarase)

17:00-19:00h. Gran Festa Infantil no Parque Eguren, con música, animación e obradoiros, e filloas de balde. Organiza: Concello de Marín. (No caso de choiva, trasladarase ao Pavillón do IES Illa de Tambo)

Domingo, 15 de febreiro

12:30h. Pasarrúas das Comparsas de Marín con diferentes saídas para xuntarse na Alameda:

● Paparrulos – saída dende a Barriada da Cañota
● Os da Caña – saída dende a Rúa Landín Pazas
● Amigos dos Rapaces – saída dende a Rúa Lameira

16:00h. Concentración de participantes do Desfile de Adultos. Praza do Regueiro.

17:00h. Gran Desfile de Entroido: Praza do Regueiro, Avda. de Ourense, Praza de España, Almuíña, Jaime Janer, Concepción Arenal, rematando no Parque Eguren coa entrega de premios. (No caso de choiva, aprazarase).

Luns, 16 de febreiro

Velorio do Enterro da Sardiña no Concello. Organiza: Ateneo Santa Cecilia e Concello de Marín.

12:00h. Festa do Merengue na Lameiriña, acompañados por Pousos da Area. Organiza: Amigos dos Rapaces e Concello de Marín.

17:00h. Festa infantil coa animación de Dolcevita na Lameiriña. Organiza: Amigos dos Rapaces e Concello de Marín (Sorteo ás 19:00h).

17:00-21:00h. Tarde de Ludoxornadas. Museo

Martes, 17 de febreiro

16:00h. 2º Torneo de Chave Enterro da Sardiña. Organiza: A.C.D Gharaboto. Campos de Petanca municipais da Bda. Virxe do Carme.

17:00-21:00h. Tarde de Ludoxornadas. Museo.

17:30-19:30h. Obradoiros e xogos infantís de Entroido. Alameda. Ás 18:30h chocolatada de balde. Organiza: Concello de Marín

20:00h. Entrega de Premios do Concurso de Orellas e Filloas. Ateneo (recepción ás 18:00h). Organiza: Ateneo Santa Cecilia

Mércores, 18 de febreiro

18.00h. Velorio do Enterro da Sardiña, con reparto de viño e pan de millo. Alameda.

20.00h. Enterro da Sardiña. Saída da Alameda, Jaime Janer, Busto de Abaixo, Dr. Touriño, Sol ata á Praza do Reloxo, onde terá lugar o pregón. Ao rematar saída por Real, Almuíña, praza de España e despedida ao mar.

Sábado, 21 de febreiro

16.30h. Animación da Charanga Noroeste. Seixo.

17.00h. Desfile de Entroido de Seixo, dende San Blas ata a Alameda de Seixo coa homenaxe á Burra Chirica, lambonadas para a rapazada, rematando con sesión de música-baile. Organiza: Grupo Cultural Ronsel e Concello de Marín.

Venres, 27 de febreiro

17:00-20:00h. Entroido Solidario (Día Mundial das Enfermidades Raras). Multiusos. Organiza Asoc. NES (No Estamos Solos).

Domingo, 8 de marzo

17:00h. Desfile Entroido de San Xulián. Organiza: Comparsa Os da Caña.

Anterior O departamento de Servizos Sociais deu cobertura a máis de 2.600 persoas durante o 2025

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados