O Concello proporá prorrogar un ano máis o contrato de limpeza de edificios municipais a Limpiezas Faro
O Concello proporá prorrogar un ano máis o contrato de limpeza de edificios municipais a Limpiezas Faro

O Concello proporá prorrogar un ano máis o contrato de limpeza de edificios municipais a Limpiezas Faro

Esta prórroga está recollida nos pregos, despois de catro anos prestando o servizo de forma satisfactoria. Ten que ser o Pleno o órgano que aprobe dita ampliación, polo que se debatirá este xoves na sesión das 20.00h

Marín, 11 febreiro 2026

O Pleno da Corporación que se celebrará este xoves ás 20.00 horas no Salón de Plenos do Concello levará a aprobación da prórroga dun ano o contrato do servizo de limpeza de edificios e instalacións dependentes do Concello de Marín á empresa Limpiezas Faro, por un importe de 695.508C, IVE incluido.

Tal e como explica a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, “o contrato comezou en abril de 2022 e tiña unha duración de 4 anos, coa posibilidade dunha prórroga por outro ano máis, como viña recollido nos pregos”.

Trátase dun servizo de utilidade pública para garantir o correcto estado de limpeza e hixiene das instalacións de uso municipal, e “neste tempo de prestación do servizo non houbo deficiencias nin problemáticas, co cal propoñemos esta prórroga para que a empresa poida continuar co contrato un ano máis”, detallou a edil.

Entran neste contrato o Concello, todas as instalacións deportivas, Servizos Sociais, Biblioteca, Espazo Emprendedor, Museo, centros educativos, casas de cultura, locais municipais, entre outros.

Esta prórroga debe ser acordada expresamente polo órgano de contratación, que pola elevada contía do contrato é o Pleno. Ademais, conta cos informes favorables dos servizos técnicos municipais de Secretaría e Intervención.

Anterior O Concello aposta por revitalizar as hortas urbanas do Sequelo con proxectos e actividades

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados