O Concello inicia o camiño administrativo para contratar a limpeza e o balizamento das praias
O Concello inicia o camiño administrativo para contratar a limpeza e o balizamento das praias

O Concello inicia o camiño administrativo para contratar a limpeza e o balizamento das praias

Trátase de dous servizos esenciais a prestar e que estarán contratados antes do verán. Ademais, a obra de mellora do Vial de Praias, coa rehabilitación do paseo e o carril bici, avanza a bo ritmo

Marín, 28 febreiro 2026

O Concello de Marín xa ten a vista posta na tempada estival, xa que a preparación e a posta a punto dos areais supón un importante traballo de inversión e de xestión para cubrir todos os servizos.

Entre eles, están os de limpeza, tanto dos propios areais como dos seus espazos de uso común: baños, accesos…, e o balizamento, esencial para garantir a seguridade dos bañistas. Ambos servizos estaban contratados ata o de agora pero acabaron os anos de duración do contrato.

Por iso, esta semana aprobouse en Xunta de Goberno Local iniciar a tramitación de ambos expedientes, para poder preparar os pregos de contratación e sacar de novos as licitacións, de tal forma que a adxudicación se faga con tempo suficiente para ter en marcha ambos servizos antes do verán.

A mellora do Vial de Praias, avanzando

Por outro lado, está en proceso de execución a obra de mellora do Vial de Praias, tanto para o tránsito peonil como para a renovación do carril bici, que se atopaba moi deteriorado.

Os traballos céntranse nestes momentos na zona entre o inicio do Vial e a praia de Portocelo, pero tamén engloban toda a Rúa do Forte e a súa conexión co corredor litoral, chegando ata o Centro de Intepretación de Petróglifos de Mogor.

Cando a obra remate, suporá que Marín contará cun itinerario peonil e ciclista seguro e ininterrumpido desde Cantodarea, na fronteira co termo municipal de Pontevedra, ata Mogor.

Anterior Unha batería intensa de bacheos urxentes: o Concello fai frente aos danos dos temporais e estuda outras pavimentacións máis estensas

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados