7,85 millóns de euros: a inversión da Xunta de Galicia en Marín coa que seguir impulsando proxectos estratéxicos
7,85 millóns de euros a inversión da Xunta de Galicia en Marín coa que seguir impulsando proxectos estratéxicos

7,85 millóns de euros: a inversión da Xunta de Galicia en Marín coa que seguir impulsando proxectos estratéxicos

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo mantiveron unha reunión na capital de Galicia na que revisaron investimentos clave como o do Auditorio, a construción de vivenda pública, a senda verde e o saneamento do Lameira, a rehabilitación do Templo Vello ou a mellora enerxética do CEIP da Laxe

Marín, 03 marzo 2026

A alcaldesa María Ramallo e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda mantiveron unha reunión de traballo na sede da Xunta de Galicia na que repasaron os proxectos e investimentos da Xunta no municipio, cun total de 7.849.888 € destinados a actuacións estratéxicas en Marín.

Durante o encontro, a alcaldesa reafirmou o compromiso do Concello para a colaboración e a coordinación co Goberno autonómico, impulsando proxectos que melloran os servizos públicos, as infraestruturas e a calidade de vida da cidadanía.

Ademais, abordáronse futuras actuacións que se queren impulsar ao longo dos próximos anos, consolidando unha folla de ruta compartida de desenvolvemento para o municipio.

Entre os asuntos abordados, destaca a posta en valor do Plan de Interese Autonómico de Raposeiras, co que se desenvolverá unha superficie de 70.284 metros cadrados para erixir 400 vivendas públicas, das cales o 80% serán protexidas. Esta semana, rematou o prazo de presentación de ofertas para a redacción do proxecto, que contou con cinco empresas interesadas e que supuxo unha inversión de 244.000€.

En materia cultural, abordouse a recta final das obras do Auditorio e a súa futura incorporación á Rede Galega de Auditorios de Galicia, o que permitirá ampliar a programación e fortalecer a oferta cultural de Marín. A nivel constructivo, a administración autonómica aportou 2.000.000€ e outros 350.000€ para a dotación de equipamento escénico de calidade.

Ademais, destacou a execución da terceira fase de restauración do Templo Vello, que finalizará a posta en valor dun dos nosos maiores bens patrimoniais e que centrará as súas actuacións no interior da igrexa. Destinaranse 155.888€.

Avanzouse tamén na finalización das obras do colector do río Lameira, unha intervención de gran importancia ambiental que se completará coa creación dunha senda verde, xerando un novo espazo de disfrute para os veciños e veciñas, e na que a Xunta elevou a inversión a 4.000.000 €.

No ámbito educativo, confirmouse a rehabilitación enerxética do CEIP do Seixo, orientada a mellorar as instalacións educativas na localidade, cunha inxección de 1,1 millóns de euros.

A reunión serviu tamén para analizar outros proxectos a medio prazo, como a mellora de viais titularidade da Xunta ou a aposta firme pola Política Social.

A alcaldesa valorou moi positivamente este encontro, que evidencia a estreita colaboración entre administracións “que é fundamental para apuntalar presente e deseñar o futuro da nosa localidade, a través de investimentos que contribúen ao progreso e que non poderíamos facer sen a aportación económica e a aposta da Xunta”.

Anterior As obras de reforma integral do Pavillón do Sequelo rematará antes de Semana Santa

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados