O Concello de Marín foi beneficiario dunha axuda por importe de 7.000,00 € por parte da Deputación Provincial para o financiamento dos custos da prestación de servizos de información e atención ó público en oficinas de turismo INFO RÍAS BAIXAS, durante os meses de verán do ano 2025.
A empresa adxudicataria do servizo realizou tarefas como
- Información e orientación sobre a oferta, recursos e actividades turísticas de Marín.
- Facilitar material informativo sobre os servizos e recursos turísticos.
- Recepción e atención de solicitudes de información.
- Recollida e tratamento de información acerca da demanda.
- Elaboración de estadísticas para a intranet da Rede INFO RiasBaixas.
- Atención de correo electrónico e teléfono.
- Atención de queixas, reclamacións e suxerencias.
- Apoio ao cumprimento dos estándares de calidade.
- Promoción do destino.
- Manexo, distribución e control de material promocional, folletos e documentación
turísticas. - Tarefas administrativas, informes, estadísticas ou cadros de uso interno de calidade do servizo ou de atención ao público e información turística que fosen requeridas.