Marín, 24 abril 2026
O Concello de Marín anunciou a apertura do proceso selectivo para a cobertura en propiedade de tres prazas de peón, co obxectivo de fortalecer o cadro de persoal da Brigada de Obras do municipio mediante o sistema de oposición.
Non é preciso estar en posesión de ningunha titulación académica para participar, facilitando así o acceso ao emprego público a un maior número de cidadáns. Os aspirantes deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:
- Ter a nacionalidade española ou cumprir os supostos de acceso para nacionais doutros estados.
- Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade de xubilación forzosa.
- Posuír a capacidade funcional necesaria para as tarefas da praza.
- Acreditar o coñecemento da lingua galega (nivel Celga 2 ou equivalente) ou superar unha proba específica.
Proceso de selección
A oposición constará de tres exercicios obrigatorios e eliminatorios:
- Exame de coñecementos: Un cuestionario por escrito de 5 preguntas curtas sobre o temario xeral.
- Caso práctico: Realización de tarefas ou resolución de supostos relacionados coas funcións da categoría.
- Proba de galego: Tradución dun texto para aqueles que non acrediten o título Celga 2.
Prazo e presentación de solicitudes
Os interesados disporán dun prazo de 20 días hábiles para presentar a súa solicitude, contados a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).
As solicitudes deberán tramitarse preferentemente de forma electrónica a través da sede electrónica do Concello de Marín.
Temario para o proceso
I. Parte xeral:
- A Constitución española de 1978. Significado, caracteres e estrutura. Principios xerais.
- O municipio: concepto, elementos e competencias.
- A organización política do concello: o alcalde, a Xunta de Goberno Local e o Pleno.
- Dereitos e deberes dos funcionarios locais. Réxime disciplinario dos funcionarios locais.
II. Parte específica:
- Conservación e mantemento de edificios públicos: reparacións de mobiliario, eléctricas, de fontanería, de instalacións, de xardinería de carpintería.
- Normas elementais de amoreamento e almacenaxe dos diversos materiais utilizados.
- Saneamentos: elementos constitutivos da rede, arquetas, tubos, etc. Tipos e características construtivas. Rede de sumidoiros. Pozos. Arquetas sifónicas. Sumidoiros. Pendente de canalizacións horizontais.
- Redes de abastecemento de auga. Funcionamento e mantemento. Fontanería interior.
- Ferramentas básicas e equipos empregados por un operario de servizos múltiples.
- Clases de morteiro que se utilizan na construción: azulexado, soleira, recebo, crecido de muros, lucido, tellas, soleiras de cubertas.
- Rozadoiras mecánicas: tipos e características das partes en que se compoñen. Cabezais de roza. Operacións de conservación periódicas.
- Muros de cachotería. Muros de ladrillo.
- Cubertas. Pavimentos e baldosas.
- Normas de seguridade e hixiene que se terán en conta na execución de traballos polas brigadas municipais. Prevención de riscos laborais.