Zona verde, árbores, espazos de estacionamento e mobiliario urbano: así será a nova praza de Cantodarea
Zona verde, árbores, espazos de estacionamento e mobiliario urbano así será a nova praza de Cantodarea

Zona verde, árbores, espazos de estacionamento e mobiliario urbano: así será a nova praza de Cantodarea

O Concello está traballando na humanización da parcela, de case 800 metros cadrados, que quedou resultante da demolición do Mercado de Cantodarea

Marín, 8 maio 2026

A demolición do Mercado de Cantodarea ven de rematarse, cumprindo así unha demanda histórica da veciñanza desta zona e abrindo novas posibilidades para o barrio.

De feito, nestes momentos o Concello está a traballar na próxima urbanización da parcela que, atendendo ás peticións dos veciños e veciñas, tratará de englobar un novo espazo verde, de esparexemento e de encontro; así como dotar ao lugar de aproximadamente 20 prazas de estacionamento (incluíndo de mobilidade reducida), que ata o de agorar non existían.

Ademais, a estrutura urbana da parcela permitirá unha reordenación da circulación de vehículos, para que se poida acceder desde o vial existente pola Rúa Concepción Arenal e creando unha saída a través da nova praza a executar.

Tamén se instalará novo arborado urbano, toda unha zona axardinada, bancos e mobiliario urbano para que tanto persoas maiores como nenos e nenas e calquera persoa poida gozar deste novo espazo, de case 800 metros cadrados.

Anterior O Concello denega a licenza a Urbaser para crear unha base operativa na súa parcela de Pardavila

2026 Concello de Marín. Todos los derechos reservados