O Auditorio de Marín abrirá as súas portas este venres pola tarde

O Auditorio de Marín abrirá as súas portas este venres pola tarde

O acto inaugural será con apertura de portas ás 16.45h e contará coa asistencia de autoridades e de representantes de todo o tecido social e cultural da vila

Marín, 12 maio 2026

Chegou o día. Este venres, 15 de maio, pola tarde, o Auditorio de Marín abrirá as súas portas para iniciar a súa actividade como unha nova infraestrutura cultural que salda unha débeda histórica coa cidadanía de Marín.

O acto inaugural contará coa presenza de autoridades das distintas administracións implicadas na financiación da obra e con representantes de todas as asociacións culturais, veciñais, sociais, comerciais, comunidades de montes, tecido social, educativo e doutros ambitos.

Todos estos colectivos contarán con dous asentos reservados para cada unha, deixando o resto do aforo, un total de 500 butacas, de acceso libre en orde de chegada.

“Será un día excepcional para Marín”, asegura a alcaldesa, María Ramallo, que explica que o acto contará con animación de rúa, unha visita institucional ao edificio e un acto no que haberá sorpresas.

“Por fin podemos abrir o novo fogar para a cultura de Marín, cun acto que será o pistoletazo de saída para todo o que está por vir”, adianta a rexedora.

Anterior A Vila das Letras encherá Marín de literatura e cultura galega para celebrar o 17 de maio

2026 Concello de Marín. Todos los derechos reservados