Ata a zona achegáronse a alcaldesa, María Ramallo, e os concelleiros Manuel Santos e Marián Sanmartín. O obxectivo é ter o paseo en perfectas condicións para o verán.
Marín, 13 maio 2026
Esta semana empezaron os traballos de urxencia para actuar no Vial de Praias, ata onde se achegaron a alcaldesa, María Ramallo, e os concelleiros Manuel Santos e Marián Sanmartín.
Esta situación veu tras a resolución do contrato da empresa Oresa. Agora, “o obxectivo é “resolver a situación na que se atopa o Vial polo abandono das obras por parte da empresa, mellorar a zona, evitar a perigosidade e os problemas de tráfico que está xerando a situación actual e poder ter todo resolto de cara aos meses do verán”, declarou a rexedora.
Para poder dar este paso, o Concello contou cos informes técnicos necesarios e espera que as obras poidan avanzar á maior brevidade posible.
Desde o Concello, lamentan todos os problemas que provocou unha situación coma esta, especialmente en obras que dependen de fondos europeos como é a do Vial, financiada a través do Plan de Sostibilidade Turística.