Cultura, deporte e atención social reciben subvencións municipais por valor de 46.000€

A alcaldesa, María Ramallo, rubricou coas ONGs, co Marín Futsal, e faráo a próxima semana co Ateneo Santa Cecilia os convenios que rexen as subvencións nominativas coas que o Concello sufraga parte dos gastos destes entidades esenciais do noso tecido asociativo

Marín, 20 outubro 2026

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, asinou os convenios de colaboración que permiten canalizar 45.000 euros en subvencións nominativas municipais a sete entidades da vila, destinadas a apoiar a súa actividade nos ámbitos social, asistencial, cultural, comercial e deportivo.

Os acordos reforzan a colaboración do Concello con organizacións que desenvolven un labor esencial na atención ás persoas, na dinamización da vida comunitaria e na promoción da cultura, do comercio de proximidade e do deporte.

O apoio municipal contribúe a que estas entidades poidan dar continuidade aos seus proxectos e atender as necesidades ás que responden ao longo do ano, recoñecendo tamén a implicación das persoas que sosteñen a súa actividade.

Apoio á atención social e ao acompañamento das persoas

Unha parte dos convenios está dirixida a entidades que traballan no ámbito social e asistencial. A Asociación Española Contra o Cancro recibirá 4.000 euros; Amor en Acción, 3.000 euros; o Comedor Social, 5.000 euros; e Sor Elvira, 3.000 euros.

Unha parte dos convenios está dirixida a entidades que traballan no ámbito social e asistencial. A Asociación Española Contra o Cancro recibirá 4.000 euros; Amor en Acción, 3.000 euros; o Comedor Social, 5.000 euros; e Sor Elvira,
3.000 euros.

Comercio, cultura e deporte

Os convenios inclúen tamén unha subvención de 4.000 euros para Estrela de Marín, en apoio á súa actividade de dinamización e promoción do comercio local, un sector esencial para a economía e a vida diaria da vila.

No ámbito cultural, o Ateneo Santa Cecilia contará cunha achega de 6.000 euros, contribuíndo á continuidade do seu labor de difusión e promoción da cultura.

Pola súa banda, Marín Futsal recibirá 20.000 euros, como respaldo á actividade deportiva que desenvolve a entidade e á súa contribución ao deporte local.

Unha colaboración para fortalecer o tecido asociativo

A sinatura destes acordos responde á aposta do Concello por manter unha colaboración estable coas entidades que enriquecen a vida de Marín e prestan servizos á súa veciñanza.

O Goberno local pon en valor o compromiso das súas directivas, das persoas asociadas e do voluntariado, cuxo traballo permite desenvolver iniciativas que chegan a distintos sectores da poboación.

All posts