A pavimentación de camiños no rural avanza a bo ritmo, coa finalización de Cividanes e Agrovello

A pavimentación de camiños no rural avanza a bo ritmo, coa finalización de Cividanes e Agrovello

23 agosto 2021

 O mantemento das infraestruturas viarias no rural, para que estean en perfectas condicións, é un dos eixos nos que traballa o Goberno local, deseñando actuacións de mellora naqueles puntos nos que é máis preciso actuar e renovar espazos.

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, informou  de que o plan de rehabilitación de camiños rurais que se estableceu para este 2021 avanza a bo ritmo, coa execución rematada en Cividanes e Agrovello.

O resto dos camiños nos que se actuará “están en proceso de limpeza previa” para que, a partir do 1 de setembro, sexa posible iniciar a pavimentación.

A lista completa de camiños que se beneficiarán deste plan son:

  • Arealonga
  • Carballal
  • Camiño de San Blas – Aguete
  • Currás
  • Fixón
  • Silvestre-Troncosa
  • Miñán
  • Os Tombos
  • Os Picotes

 

En total, neste plan realízase unha inversión de cerca de 180.000 euros, con cargo ao Plan Concellos 2021 da Deputación.

 

Anterior Propulsa chega a Marín con dous espectáculos de danza imperdibles

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados