Contacto | Tel.:986 88 03 00

A Policía Local abre dilixencias contra un mozo que cometeu un delito contra a seguridade viaria

A Policía Local de Marín citou o día 13 de xaneiro, en Comisaría a un mozo de 23 anos, veciño da vila e que responde ás iniciais de A.O.D., ao que acusan de cometer un delito contra a seguridade viaria por condución temeraria.
O suceso polo que se lle imputa o delito tivo lugar na noite de Fin de Ano, entre as 02.00 e as 04.00 horas, cando o rapaz estivo queimando roda e realizando diversas manobras co vehículo que conducía, concretamente un BMW gris, na céntrica rúa de Jaime Janer.
A súa actuación foi gravada por un dos amigos que o acompañaban durante a noite -e que se atopaban no medio da calzada namentres el realizaba as manobras-. A gravación subiuse tamén ás redes sociais, especificamente a un perfil de Instagram, o que facilitou a labor dos axentes do corpo de seguridade local para identificar ao infractor. A rúa Jaime Janer amenceu con estragos na calzada debido ao roce das rodas.
A Policía Local citouno a pasada semana para que comparecese onte en Comisaría, onde se presentou xunto cunha avogada. Foi nese instante no que se lle comunicou que está imputado por un delito contra a seguridade viaria por condución temeraria, con perigo para as persoas.
O próximo 20 de xaneiro A.O.D. terá que afrontar un xuízo rápido no Xulgado no2 de Marín. A imputación do delito pode supoñer unha condena de entre 6 meses e 2 anos de prisión, ademais da privación do permiso de condución de 1 a 6 anos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies