A Policía Local sufoca un incendio causado nunha vivenda de Sete Espadas no Día de Reis

A Policía Local sufoca un incendio causado nunha vivenda de Sete Espadas no Día de Reis

08 xaneiro 2021

A Policía Local conseguiu evitar unha traxedia maior a causa dun incendio que se produciu nunha vivenda de Sete Espadas no Día de Reis, ás 08.40 horas. Segundo informan fontes do corpo de seguridade municipal, recibiuse unha chamada da propietaria da vivenda na que se ocasionaron as lapas, que, tal e como se extrae das primeiras investigacións, foron causadas por unha manta eléctrica.

Dúas unidades da Policía Local acudiron ao lugar do suceso e accederon ao espazo no que estaba a orixe do incendio, que calcinou unha cama case por completo, afectando ao colchón e ao somier.

Os axentes desprazados até o lugar conseguiron sufocar practicamente as lapas ata a chegada dos Bombeiros do Morrazo, que extinguiron finalmente o incendio e extraeron o fume da vivenda. Grazas a esta rápida actuación dos axentes de Marín evitáronse danos maiores na vivenda.

Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.

Anterior Rematado o proxecto de mellora do saneamento e o abastecemento en Arealonga – O Marco

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados