A Rúa Travesía República Arxentina abre ao tránsito peonil e rodado

A Rúa Travesía República Arxentina abre ao tránsito peonil e rodado

8 julio 2022

A rúa Travesía República Arxentina xa está aberta ao tráfico. Así o indicou esta mañá o concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, que informou de que xa se pode transitar por esta rúa de nova creación no casco urbano, que reordena toda a zona do Inferniño.

Aínda faltan pequenos retoques da obra e a recepción dalgúns elementos para poder dala por finalizada de xeito oficial, pero tal e como indican desde o Concello, era primordial poder abrila ao tráfico tanto rodado coma peonil nestes días de festas, nos que hai unha importante afluencia de xente na vila.

O novo tramo de rúa é de 44 metros de lonxitude e deixa dúas parcelas anexas, nas que é posible levar a cabo unha promoción inmobiliaria, que se volve moito máis interesante coa renovación urbana de Travesía República Arxentina.

Nela, investíronse 241.612,40 euros (máis IVE), con cargo ao Plan Concellos.

Anterior A COVIÑA

2026 Concello de Marín. Todos los derechos reservados