Aberto o prazo de presentación de ofertas para a construción do futuro Centro Socio Cultural de Marín

11 marzo 2022

O Concello de Marín vén de abrir a licitación para a construción do novo Centro Socio Cultural, despois de que onte fose aprobado por unanimidade no Pleno da Corporación o inicio do expediente de contratación do proxecto, co novo orzamento adaptado ao 2022.

Todas as empresas interesadas en concurrir á licitación poderán facelo cumprindo cos requisitos recollidos nos pregos de condicións técnicas e administrativas, tamén aprobados onte pola Corporación, que se poden consultar na Plataforma de Contratación do Estado, e que recollen unha partida orzamentaria final de 5.385.229,45 euros.

Esta financiación repártese, ademais da parte que ten que aportar o Concello de fondos propios, entre a partida do Marín Dusi (estratexia cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea) e a Xunta de Galicia.

Crearase un auditorio con capacidade para 550 butacadas e un escenario de cerca de 220 metros cadrados. O proxecto plantexa un edificio integrado na contorna, especial pola súa cercanía á fachada marítima, e cheo de modernidade, que mudará completamente a imaxe urbana do centro de Marín.

O prazo para presentar ofertas, que despois serán avaliadas pola Mesa de Contratación, remata o 6 de abril (data incluída). Deben presentarse vía sede electrónica.

Aberta tamén a licitación para a limpeza de praias

Por outra banda, e seguindo coas contratacións a nivel municipal, vén de abrirse a licitación para a contratación do servizos de limpeza de praias, de cara á época estival. Tal e como se pode ler nos pregos, este servizo terá un orzamento de 115.802,13 euros (IVE incluído) e adxudicarase por dous anos á empresa que presente a oferta máis vantaxosa.

Os servizos a efectuar inclúen fundamentalmente os traballos de limpeza con medios manuais ou mecánicos e a recollida de residuos no ámbito territorial obxecto deste contrato, incluídas papeleiras nas entradas e accesos, así como transporte aos colectores de recollida de residuos sólidos urbanos situados na vía de praias.

O prazo neste caso para a presentación de ofertas rematará o 28 de marzo. Despois, serán valoradas pola Mesa de Contratación.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies