Contacto | Tel.:986 88 03 00

Adxudicada a remodelación do Paseo Alcalde Blanco á empresa Copcisa

A Xunta de Goberno local aprobou hoxe a adxudicación da remodelación e humanización do Paseo Alcalde Blanco. A empresa Copcisa será a encargada de realizar a obra, que foi adxudicada por un importe de 1.312.653,45 euros.
Esta aprobación chega despois de que a mesa de contratación avaliase todas as ofertas que se presentaron ao concurso público, de entre as cales Copcisa conseguiu a puntuación máis alta, con 100 puntos.
Esta actuación, unha das máis relevantes no panorama urbanístico da vila, está confinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), dentro da estratexia EDUSI, enmarcada a nivel local no proxecto Marín 2020.
Con esta adxudicación, dáse un paseo máis na constitución dun paseo Alcalde Blanco que se converterá “nun espazo agradable, verde, humanizado, con mellor iluminación e con opcións de ocio para todas as idades”, en palabras da alcaldesa, María Ramallo.
Así se recolle tamén na memoria descritiva do proxecto, onde se especifican algúns detalles técnicos deste proxecto integral de remodelación, co que se recuperará un espazo “privilexiado, que nestes momentos está infrautilizado”, exponse na memoria.

Un achegamento ao mar
A compoñente paisaxística será a gran protagonista da humanización do paseo, cunha mellor integración entre a sociedade e o mar e co adecentamento da súa punta, que no seu día quedou inconclusa.
Para iso, crearase unha nova zona de transición, consistente nunha peza de madeira a modo de graderío, onde tamén de formalizarán pequenos miradoiros.
Asemade, o proxecto contempla a creación de áreas verdes amplas abondo para acoller diversas especies vexetais, seleccionadas previamente, que sirvan de barreira visual cara a infraestrutura portuaria que colinda co paseo.
Nestas áreas tamén haberá espazo para albergar bancos de descanso, elementos de xogo infantil, xogos acuáticos…
A humanización deste paseo suporá tamén a implementación dun novo local de hostalaría, cuxo deseño estea integrado ca contorna e que conte con amplos ventanais, facilitando a prestación das vistas ás persoas que vaian facer uso del.
O prazo de execución das obras é de sete meses, a contar desde a comprobación do replantexo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies