Adxudicado o proxecto para a construción dun novo columbario e oito panteóns no Cemiterio da Raña

Adxudicado o proxecto para a construción dun novo columbario e oito panteóns no Cemiterio da Raña

23 abril 2021
O Concello de Marín informou da adxudicación da obra de construción dun novo columbario e de oito panteóns, unha actuación que é necesaria para a ampliación do Cemiterio Municipal da Raña.
A empresa que resultou con maior puntuación na licitación foi ACEVI, que será a encargada de realizar os traballos. En total, proxéctanse 80 novos pequenos nichos no novo columbario, cunhas dimensións de 50 cm de alto, 50 de ancho e 97 de longo.
A maiores prantéxase tamén a construción de 8 novos panteóns para un total de 28 nichos cada un, ademais dun almacén integrado nun deles para dar cabida aos servizos de pluviais. O proxecto suporá traballos de demolición, creación de estruturas, saneamento e cantería e a súa inversión ascenderá a case 70.000 euros.
Tanto o columbario como os panteóns construiranse na parte nova do cemiterio, xunto co último columbario que se creou e para o que o Concello tamén ten outro proxecto de re-formar a súa cuberta.
Ademais se traballa noutra actuación co obxectivo de protexer da chuvia tanto á fronte de cada un dos nichos como ás flores e cirios que os familiares dos defuntos depositan con frecuencia na base do mesmo, así como ás persoas que visitan aos seus seres queridos para orar polas súas almas.
A superficie construída da nova cuberta será de 18 metros cadrados, cunha altura máxima de 3,72 metros. O prazo estimado desta actuación secundaria é dun mes e medio e suporá unha inversión de 8.923,87 euros.
Ambas actuacións, que redundarán nunha mellora do cemiterio máis utilizado en Marín, suman deste xeito unha inversión de case 80.000 euros.

Anterior O Día do Libro en Marín: moi quixotesco e con ilustracións de Manuel Torres

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados