Marín pecha a liquidación do 2020 con cero endebedamento e un remanente superior aos 4 millóns de euros

Marín pecha a liquidación do 2020 con cero endebedamento e un remanente superior aos 4 millóns de euros

17 abril 2021

A saúde económica dun Concello é fundamental para poder garantir unha correcta xestión dos recursos públicos. O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, aportou información relevante esta mañá en relación coa liquidación orzamentaria do ano 2020, da que se deu conta ao Ministerio.

Tal e como figura nos informes técnicos, Marín cumple de xeito estricto tanto co Principio de Estabilidade Orzamentaria como coa Regra do Teito de Gasto, aínda que durante o período de 2020 e 2021 quedou suspendido o cumprimento destas regras fiscais dada a situación de emerxencia motivada pola pandemia.

No que respecta á liquidación do orzamento, acadouse un resultado positivo de 950.606,37 euros. En canto ao remanente de Tesourería para gastos xerais, os cálculos arroxan unha cifra positiva de 4.263.527,37 euros, que denota a saúde financeira e as posibilidades de inversión do Concello. A esta positiva cifra de remanente, súmase o endebedamento cero que ten o Concello, que pechou o ano sen ter operacións financeiras pendentes con ningúnha entidade.

“O balance é moi positivo”, asegura o concelleiro de Facenda, que explica que Marín co remanente “poderá facer fronte aos adiantos de financiación necesarios para acometer as obras xa aprobadas no marco de Marín Dusi e para executar outros proxectos”.

Anterior As obras de humanización da Avenida de Ourense entran na súa recta final

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados