Arranca a campaña de sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros

Arranca a campaña de sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros

O Concello volverá apostar polo apoio á economía local neste Nadal. Sabemos que estas datas son de gran consumo e por iso “queremos volver premiar á veciñanza que é fiel á economía local da nosa vila, facendo as súas compras e consumicións aquí, e animar a outros a que o fagan”, explican fontes municipais.

Deste xeito, o Concello pon de novo en marcha a campaña de sorteo de 100 tarxetas regalo por valor de 50 euros. Para participar, será preciso realizar compras nos comercios de Marín ou consumir nos establecementos hosteleiros por valor superior a 30 euros, ben cun só ticket ou cunha agrupación de varios desde mañá, 1 de decembro, ata o 15 de xaneiro. Estarán exentas as farmacias, gasolineiras e os supermercados.

Os tickets terán que depositarse no buzón que se habilitará na Oficina de Turismo da Praza de España cos seguintes datos no reverso: nome e apelidos da persoa participante, DNI e número de teléfono. Os tickets terán que ser orixinais, “polo que xa avisamos de que se alguén o precisa para devolucións ou garantías, terá que pedir un duplicado”, explican desde o Concello.

O 17 de xaneiro, ás 12.00 horas, terá lugar o sorteo no Salón de Plenos para coñecer aos gañadores destas 100 tarxetas. As persoas agraciadas serán citadas telefonicamente para a recollida das Tarxetas Regalo na Oficina de Turismo situada na Praza de España durante os días 19 e 20 de xaneiro, en horario de 11:30h a 20:30h, confirmando os datos coa presentación do DNI da persoa gañadora.

Terán que gastalas tamén na economía local de Marín ata como máximo o 31 de marzo de 2023.

Anterior Marín abre a súa Axenda Urbana ao mundo da empresa, do asociacionismo e a veciñanza

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados