Arrancan as festas na honra da Virxe de San Xulián e dos Remedios
Festas Virxe de San Xulián e dos Remedios 2026

Arrancan as festas na honra da Virxe de San Xulián e dos Remedios

Hoxe celebrouse a misa polo patrón e mañá será pola Virxe dos Remedios, para despois dar paso na fin de semana á festa, coas Orquestas Players e Os Satélites

Marín, 07 xaneiro 2026

A parroquia de San Xulián sempre inicia con festas o mes de xaneiro. Esta mañá, tivo lugar a misa solemne en honra do seu patrón, coa posterior procesión, que estivo acompañada polo Grupo Carballido. Mañá á mesma hora celebrarase outra misa en honra da Virxe dos Remedios.

A partir de entón, empezará a festa esta fin de semana, cunha programación que foi presentada pola Comisión de Festas, xunto coa alcaldesa María Ramallo e o concelleiro Pablo Novas, que asistiron á procesión.

Unha programación que ten como pratos fortes as actuacións das orquestras Players e Os Satélites e que tamén ten opcións para gozar coa familia con espectáculos de maxia.

Programación da fin de semana:

Sábado, 10 de xaneiro

10.00h. Pasarrúas e sesión vermú a cargo da Charanga OT (haberá pulpeiro e servizo de bar)

19.00h. Espectáculo de maxia de Dani García con DGelati

22.00h. Gran Verbena co dúo La Vissión, seguidos da Orquestra Players

Domingo, 11 de xaneiro

● Sesión vermú con pulpeiro e servizo de bar

15.00h. Pasarrúas a cargo da Charanga Noroeste

18.00h. Espectáculo familiar con Fran Rei e Superheroe

21.00h. Gran Verbena amenizada pola Orquestra Os Satélites

23.00h. Gran tirada de fogos de lucerío

Anterior Marín recupera a Gala do Deporte e abre o prazo de candidaturas o 1 de xaneiro

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados