As obras de mellora do Paseo alcalde Blanco seguen o seu curso

Xa se poden observar as zonas máis verdes, a colocación de xogos infantís, das varandas tanto no paseo como na zona do mirador, estando nestes momentos pendentes de varios aspectos.

Seguen traballando no local de hostalería, na zona de madeira do paseo, na parte verde de plantación, na parte dos xogos de auga, tendo acometido nestas semanas as conexión necesarias ás redes tanto de auga como de saneamento.

Está colocado o novo alumeado e continúan a bo ritmo o resto das partidas pendentes de executar con respecto ao mobiliario.

Nas próximas semanas se impulsará xa o remate final.

As melloras xa son evidentes tanto na pavimentación, dos espazos e zonas verdes e na iluminación.

As obras son financiadas ao 80% polos Fondos Feder na estratexia DUSI onde un dos eixos importantes e mellorar, poñer en valor e potenciar zonas cun alto valor paisaxístico e ubicadas estratéxicamente.

Se está facendo seguimento da mesma por parte da dirección da obra e de persoal municipal, tendo en conta que os avances que quedan serán concretados para ir rematando as melloras pendentes.

O obxectivo fundamental e poder contar cun espazo máis utilizable, onde convivan máis presenza e atractivo para os nenos, os que pasean, tratar de buscar zonas máis cómodas e desfrutar dun entorno natural, a zona de pescadores está sendo tamén tida en conta e polo tanto pretende ser unha zona moito máis utilizada.

A alcaldesa e a concelleira de medio ambiente visitaron a zona para ir vendo a evolución.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies