As ONGs colaborarán con Urkira

As ONGs colaborarán con Urkira

A alcaldesa, María Ramallo, acompañada pola concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, conducíu unha reunión con representantes de todas as ONGs da vila para facer balance da campaña de Nadal e seguir coordinando o importante labor de axuda asistencial que estas entidades levan a cabo no municipio.

En canto ao Nadal, todas as partes coincidiron en facer un moi bo balance das iniciativas e axudas que se puxeron en marcha para poder frear a desigualdade social entre familias que se nota de xeito máis marcado nestas datas. Especialmente, destacaron os cheques de compra directa en supermercados que se deron ás persoas en risco e as chocolatadas solidarias coas que se recaudaron fondos para as entidades.

Ademais, nesta reunión aproveitouse para falar do funcionamento das axudas da asistencia social e de que xeito facer cada vez máis operativo este sistema. A trazabilidade dos casos que acoden a estas entidades é fundamental e por iso crearase unha folla de derivación para que Servizos Sociais poida establecer as pautas das necesidades de cada familia. Tamén se insistiu en plantexar a axuda asistencial tendo como obxectivo final a reinserción laboral das persoas que, nun momento dado, precisan deste colchón solidario.

Urkira, unha empresa con responsabilidade social

Por outra banda, nesta reunión estiveron presentes representantes da empresa marinense Urkira, ubicada no Porto de Marín e dedicada a diversos sectores relacionados co metal e o mantemento e que a día de hoxe traballan a nivel nacional.

Tal e como trasladou a firma, que conta cunha aula de formación propia, queren utilizala para podre axudar á inserción laboral de persoas que se atopan en risco de exclusión social, para cubrir especialmente profesións relacionadas coa soldadura e a revisión e coidado de caldeiras.

Para iso, contarán coa colaboración das ONGs, que poderán derivar perfís que poidan estar interesados nesta oferta. O obxectivo, tal e como se trasladou na reunión, non é unicamente a formación, senón de verdade conseguir ofrecer un posto de traballo e así mellorar as condicións económicas de persoas que neste momento son demandantes de emprego e que se atopan nunha situación máis crítica.

A alcaldesa quixo agradecer a Urkira “ese compromiso social que mostran e que aplican aquí, no seu municipio”

Anterior O concelleiro Manuel Santos explica as razóns do proxecto modificado do Auditorio

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados