As palmeiras do Paseo Alcalde Blanco serán reubicadas en distintos puntos do municipio

As palmeiras do Paseo Alcalde Blanco serán reubicadas en distintos puntos do municipio

10 febreiro 2021

O Paseo Alcalde Blanco, que se atopa en plena transformación, avanza nas súas obras a bo ritmo. A remodelación deste espazo suporá a recolocación de parte das palmeiras que se atopan actualmente no paseo, para outros puntos do municipio.

Segundo explicou hoxe a concelleira de Parques e Xardíns, Cristina Acuña, “estes exemplares estanse retirando por necesidade dos traballos das obras”. Aqueles que non queden no paseo, colocaranse noutros espazos. “Moitos deses exemplares reubicarémolos en Cantodarea, no Parque Azul”, adianta a edil.

Tal e como explica Acuña, neste espazo “xa hai este tipo de árbores, incluso foi necesario no seu día retirar algúns que foran afectados pola praga do picudo”. Deste xeito, este espazo, no que hai un parque infantil e as pistas de skate, e, polo tanto, é moi utilizado e gozado pola veciñanza, volverá contar con exemplares de palmeiras.

Outros exemplares que sexan retirados do Paseo serán colocados noutros espazos, como o viario de praias, onde tamén existen exemplares deste tipo de árbore.

Anterior O Concello habilita ferramentas dixitais para a consulta das rutas de sendeirismo de Marín a Pé

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados