XXII Xornadas Blanco Freijeiro

XXII Xornadas Blanco Freijeiro

A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, presentou as XXII Xornadas Blanco Freijeiro, xunto co coordinador do ciclo, Juan Castro, e a sobriña do noso veciño predilecto que lle dá nome ás xornadas, María Sancho, que se celebrarán do 27 de novembro ao 3 de decembro na Biblioteca Municipal Vidal Pazos.

Contido desta edición

O tema escollido para esta edición das Xornadas está relacionado coa recente creación dunha Sala de Arqueoloxía no Museo Torres, que comezou a súa programación cunha exposición temporal sobre o mundo romano en Marín. As Xornadas reforzan esa temática e pechan o círculo, tratando o que supuxo a chegada de Roma ao noroeste peninsular, ao que os romanos denominaron Gallaecia.

Os distintos relatorios xiran en torno a esta idea. Dous deles estarán dedicados a dúas das tres capitais, Lucus Augusti, actual Lugo, e Bracara Augusta, actual Braga. A terceira foi Asturica Augusta, actual Astorga. Coñeceremos o papel que xogaron estas cidades no proceso de romanización do noroeste ou na administración do territorio, ademais do seu urbanismo e arquitectura. Pero a primeira conferencia tratará sobre o campamento romano de Aquis Querquennis, localizado no concello de Bande, no suroeste da provincial de Ourense, campamento vinculado á vía romana XVIII, coñecida como Vía Nova, e a  conferencia nos permitirá coñecer este asentamento e tamén como era esepoderoso exército romano. O último relatorio estará dedicado a un tema moi complexo nuns séculos de tantos cambios; o da relixiosidade. Roma chega co seu panteón de deuses a unha Galicia na que existía unha relixiosidade distinta, que se foi forxando durante a Idade do Ferro. Ademais, por se isto fora pouco, paulatinamente se asenta unha nova relixión, que acabará impoñéndose a todas as demais crenzas: o cristianismo.

Excursión final

Para remate, na excursión coa que se pecharán as Xorndas, desprazarémonos ata Allariz, para coñecer a cidade romana de Armea, un espectacular xacemento no que se leva escavando de xeito ininterrompido dende hai trece anos. Coñecerase ademais a fermosa sauna galaico-romana do Forno da Moura situada nas inmediacións.

Programa

Luns 27/11/23. Presentación.

20:00 h. Entrega da documentación e confirmación da inscrición.

20:30 h. Presentación e inauguración das Xornadas a cargo da Concelleira de

Cultura Beatriz Rodríguez Gómez.

Martes 28/11/23.

“Aquis Querquennis”.

20:00 h. Relator: Santiago Ferrer Sierra. Arqueólogo, administrador de

Prospeccións Arqueolóxicas S.L.U. e Director do Centro Arqueolóxico de Aquis

Querquennis.

Mércores 29/11/23.

“Lucus Augusti, unha cidade romana nos fisterres atlánticos”.

20:00 h. Relator: Enrique González Fernández. Arqueólogo municipal de Lugo.

Xoves 30/11/23.

“A construção em Bracara Augusta: sociedade, economia e território”.

20:00 h. Relator: Jorge Ribeiro. Doutor en Arqueoloxía, Laboratório de Paisagem,

Património e Território da Universidade do Mihho.

Venres 01/12/23.

“Entre o cambio e a continuidade: unha aproximación á relixiosidade da Gallaecia romana”.

20:00 h. Relator: Aitor Freán Campo. Doutor en Historia, Xeografía e Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela.

21:30 h. Clausura e entrega de diplomas de asistencia, a cargo da Sra. Alcaldesa

María Ramallo Vázquez.

Domingo 03/12/23.

Visita ao xacemento arqueolóxico de Armea, Allariz. “Armea: un castro convertido en Cibdá romana no interior da Gallaecia”.

Guía-relator: Adolfo Fernández Fernández. Doutor en Arqueoloxía, Departamento

de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo.

Inscripción gratuita

A inscrición, coma sempre, será gratutia e pode realizarse a través do mail

xornadas.blanco.freijeiro.marin@gmail.com.

Anterior O Concello inicia os trámites para resolver o contrato á empresa adxudicataria das obras do Liceo Casino por incumprimento dos traballos

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados