Avanzan as obras da segunda fase de Concepción Arenal co fresado do pavimento

Avanzan as obras da segunda fase de Concepción Arenal co fresado do pavimento

A segunda fase das obras de humanización de Concepción Arenal avanzan a bo ritmo. A partir de mañá comezarán a realizarse as labores de pavimentación dos carrís de circulación, despois de que hoxe se procedese co fresado polo que cada vez está máis cerca a finalización deste proxecto, que mellorará toda a mobilidade tanto peonil como rodada dunha das vías de comunicación máis importantes da vila.

O obxectivo é poder rematar con esta segunda fase da obra de humanización a finais deste mes. Esta segunda fase supón un investimento de 653.423 euros, que, tal e como sucedeu coa primeira fase, está cofinanciada pola Axencia Galega de Infraestruturas.

Coa humanización de Concepción Arenal resólvense, por unha banda, as conxestións de tráfico que se producían debido ao estreito que era o antigo trazado dos carrís, e, por outra, a mobilidade do espazo peonil, gañado metros para as beirarrúas, grazas á supresión dunha das liñas de aparcadoiros.

 

Anterior Medidas da fase 1 da desescalada

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados