A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería de Medio Rural, é un dos órganos xestores dos fondos FEADER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural) destinados, entre outros, ao fomento da actividade empresarial, a diversificación económica e á creación de emprego no medio rural de Galicia.
No vindeiro mes de abril publicarase no DOG a convocatoria de axudas destinada á compra de maquinaria e equipamento para empresas que desenvolvan actividades non agrícolas.
De cara a lograr a maior difusión posible e que a citada convocatoria sexa divulgada entre un maior número de posibles persoas interesadas, adxuntase un folleto informativo para que o poña en coñecemento do persoal do concello encargada da promoción do emprego e desenvolvemento local.