Campamentos de verán de conciliación

Campamentos de verán de conciliación

Lugar
Datas
Prazas
CEIP SEQUELO
3-14 de xullo
75 prazas
CEIP SEQUELO
17-31 de xullo
75 prazas
CASA DE CULTURA MOGOR
17-31 de xullo
25 prazas
CEIP SEQUELO
1+14 de agosto
50 prazas
CEIP SEIXO
1 – 14 de agosto
25 prazas
CEIP SEQUELO
16 – 31 de agosto
50 prazas

Durante o verán, o Concello organiza unha serie de campamentos urbanos de conciliación cos que axudar ás familias de Marín a coordinar as vacacións dos rapaces e rapazas e cos que facer desfrutar a estes últimos dunha quincena diferente sen saír do seu propio concello.

Os campamentos de conciliación do verán teñen a súa inscrición aberta a partir deste luns 2 de maio e na web xa se pode descargar a folla que hai que cumplimentar cos datos do solicitante para poder gardar unha das 300 prazas que se ofertan.

A inscrición poderá realizarse de dúas maneiras: presencialmente no Rexistro
municipal, cun máximo de 5 solicitudes por persoa ou de xeito telemático, a
través da sede electrónica do Concello de Marín co certificado dixital. No caso de
non telo, pode solicitalo no Concello a través deste link:
https://www.concellodemarin.es/expedicion-de-certificado-dixital/

O prezo público será o mesmo que todos os anos, 30€ por cada neno ou nena. Mantéñense as catro quincenas para os campamentos urbanos e as dúas para o rural, volvendo a ofertar 300 prazas.

O prazo de presentación rematará o 20 de maio e o listado de prazas concedidas sairá antes do venres 26.

Forma de pago
O pago do prezo público poderá realizarse mediante domiciliación bancaria, por pago telemático ou de xeito presencial nas oficinas da Tesourería municipal.
Para o pago por domiciliación bancaria, o solicitante debe autorizar ao Concello de Marín para adebedar na conta que se indique (da que o solicitante debe ser titular) o importe do prezo público. O cargo na conta será realizado o 5 de xuño de 2023.
No caso de realizar o pago telemático, haberá de prazo ata o día 5 de xuño de 2023.
Se o pago quere realizarse presencialmente nas dependencias da Tesourería do Concello de Marín, deberá ser en horario de 9:00 a 14:00 horas entre os días 1 e 9 de xuño.

PECHADO

Estado da convocatoria:

Para facer a tramitación de xeito telemático, é necesario contar cun certificado dixital. No caso de non telo, pode solicitarse no propio Concello a través deste ligazón.

WEBS ASOCIADAS

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados