Campamentos de verán de conciliación

Lugar | Datas | Prazas |
---|---|---|
CEIP DA LAXE | 1 – 15 de xullo | 75 prazas |
CEIP DA LAXE | 18 – 29 de xullo | 75 prazas |
CASA DE CULTURA MOGOR | 18 – 29 de xullo | 25 prazas |
CEIP DA LAXE | 1 – 12 de agosto | 50 prazas |
CEIP SEIXO | 1 – 12 de agosto | 25 prazas |
CEIP DA LAXE | 16 – 31 de agosto | 50 prazas |
Durante o verán, o Concello organiza unha serie de campamentos urbanos de conciliación cos que axudar ás familias de Marín a coordinar as vacacións dos rapaces e rapazas e cos que facer desfrutar a estes últimos dunha quincena diferente sen saír do seu propio concello.
Os campamentos de conciliación do verán teñen a súa inscrición aberta a partir deste luns 2 de maio e na web xa se pode descargar a folla que hai que cumplimentar cos datos do solicitante para poder gardar unha das 300 prazas que se ofertan.
O prezo público será o mesmo que todos os anos, 30€ por cada neno ou nena. Mantéñense as catro quincenas para os campamentos urbanos e as dúas para o rural, volvendo a ofertar 300 prazas coma antes da COVID-19.
O prazo de presentación rematará o 20 de maio e o listado de prazas concedidas sairá antes do venres 28.

Estado da convocatoria:
Para facer a tramitación de xeito telemático, é necesario contar cun certificado dixital. No caso de non telo, pode solicitarse no propio Concello a través deste ligazón.
- Documento de solicitude