Centro terapéutico da Finca Briz e Obradoiros de Memoria

Centro terapéutico da Finca Briz e Obradoiros de Memoria

A Finca de Briz converteuse nun espazo no que coidar, tratar e dar servizo ás persoas con alzheimer. Da man de Afapo e coa colaboración de Servizos Sociais, existen dúas modalidades de servizos para os usuarios:

Obradoiros de envellecemento activo:

Os potenciais usuarios son persoas a partir dos 55 anos de idade que carezan de diagnóstico de enfermidade neurodexenerativa, debido ao obxectivo fundamental deste obradoiro, que é o de previr e fomentar o envellecemento activo.

Lévanse a cabo traballos grupais con distintas técnicas que fomenten a cohesión entre as persoas, a sociabilidade, a diversión, o coñecemento mutuo e o traballo en equipo. Ademais, realízanse exercicios cos que traballar a memoria, a linguaxe, a escritura, o cálculo, a atención, a reminiscencia e outras funcións.

Os obradoiros son dous días á semana, os luns e os mércores, cunha duración dunha hora e media cada sesión.

Cada praza terá un custo de 25 euros, 15 dos cales serán aportados polo Concello de Marín e 10 polo participante.

Unidade de Estimulación Terapéutica

O obxectivo desta unidade é o de ofrecer servizos de prevención das situacións de dependencia, apostando pola estimulación terapéutica das persoas con alzheimer e outras demencias neurodexenerativas.

Deste xeito, as persoas responsables de levar adiante a unidade utilizan técnicas dirixidas ao adestramento nas actividades da vida diaria (AVD), axudan á estimulación cognitiva e ofrecen terapia ocupacional, atención psicolóxica, logopedia e actividades de lecer e tempo libre.

Este servizo é de tres días á semana durante catro horas e inclúe o transporte dos usuarios desde o seu domicilio.

Interésame máis información

Contacta co departamento de Servizos Sociais do Concello: 986838117

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados