Programa Xantar na Casa

Marín está adherido como concello ao programa “Xantar na Casa”, da Consellería de Política Social, co que se dá unha atención alimentaria equilibrada e de calidade aos veciños que o precisan, que no caso da nosa vila son 15.

A comida entregarase nos fogares dos beneficiarios un único día á semana, incluíndo os pratos para as sete xornadas, tamén en festivos e fins de semana. O único que deben facer é quentar a comida correspondente antes de consumila.

No caso de que algunha persoa careza de neveira ou microondas, facilitaráselle o electrodoméstico necesario para preservar os alimentos.

O usuarios só se deben facer cargo do 25% do custo total do programa.

Interésame o programa:

Contacta co departamento de Servizos Sociais do Concello: 986838117

Xantar na Casa