O Concello fai público o calendario fiscal para o 2026
Fachada do Concello

O Concello fai público o calendario fiscal para o 2026

En cumprimento do disposto no artigo 4, apartado segundo, da ordenanza xeral de Tesourería e recadación de tributos e outros ingresos de dereito público do Concello de Marín, na que se establece que o calendario fiscal para cada exercicio debe ser publicado no taboleiro de edictos municipal, no boletín oficial da provincia de Pontevedra e nun diario dos de maior difusión da provincia, e á vista do disposto por Resolución da Alcaldía do 18 de decembro de 2025, faise público o CALENDARIO FISCAL DO CONTRIBUÍNTE PARA O ANO 2026 CONCELLO DE MARIN

1.- Períodos voluntarios de pago dos impostos municipais

Vencemento periódico e notificación colectiva:

ImpostoData de comezoData de finalizaciónData de cargo en conta dos recibos domiciliados
Imposto sobre vehículos de tracción mecánica1 de febreiro6 de abril2 de marzo
Imposto sobre bens inmobles1 de setembro5 de novembro1 de outubro
Imposto sobre actividades económicas1 de setembro5 de novembro1 de outubro

2.- Períodos voluntarios de pago das taxas municipais

Vencemento periódico e notificación colectiva:

TaxaData de comezoData de finalizaciónData de cargo en conta dos recibos domiciliados
Taxa por servizos de mercado1º día de cada mesDía 25 de cada mes (ou hábil seguinte)Día 5 de cada mes (ou hábil seguinte)
Taxa por ocupación da vía pública con quioscos, venda ambulante – pago único e 1ª fracción1 de febreiro6 de abril2 de marzo
Taxa por ocupación da vía pública con quioscos, venda ambulante – 2ª fracción1 de abril5 de xuño4 de maio
Taxa por ocupación da vía pública con quioscos, venda ambulante – 3ª fracción1 de xullo7 de setembro3 de agosto
Taxa por ocupación da vía pública con quioscos, venda ambulante – 4ª fracción1 de outubro7 de decembro2 de novembro
Taxa por ocupación da vía pública con reservas para aparcamento exclusivo1 de febreiro6 de abril2 de marzo
Taxa por ocupación da vía pública con mesas e cadeiras – pago único1 de marzo5 de maio1 de abril
Taxa por ocupación da vía pública con mesas e cadeiras – 1ª fracción1 de marzo5 de maio1 de abril
Taxa por ocupación da vía pública con mesas e cadeiras – 2ª fracción1 de xuño5 de agosto1 de xullo
Taxa por ocupación da vía pública con mesas e cadeiras – 3ª fracción1 de setembro5 de novembro1 de outubro
Taxa por subministro de auga potable, servizo de sumidoiro e recollida de lixo – 4º trimestre 20251 de xaneiro5 de marzo2 de febreiro
Taxa por subministro de auga potable, servizo de sumidoiro e recollida de lixo – 1º trimestre 20261 de abril5 de xuño4 de maio
Taxa por subministro de auga potable, servizo de sumidoiro e recollida de lixo – 2º trimestre 20261 de xullo7 de setembro3 de agosto
Taxa por subministro de auga potable, servizo de sumidoiro e recollida de lixo – 3º trimestre 20261 de outubro7 de decembro2 de novembro
Taxa por ocupación da vía pública con caixeiros automáticos1 de setembro5 de novembro1 de outubro
Taxa pola prestación do servizo de axuda no fogarDía 15 de cada mesDía 15 do 2º mes posterior (ou hábil seguinte)Día 20 do mes de inicio (ou hábil seguinte)

3.- Períodos voluntarios de pago dos prezos públicos municipais

Vencemento periódico e notificación colectiva:

Prezo públicoData de comezoData de finalizaciónData de cargo en conta dos recibos domiciliados
Prezo público por escola de música – 2º trimestre do curso 2025-20261 de xaneiro5 de marzo2 de febreiro
Prezo público por escola de música – 3º trimestre do curso 2025-20261 de abril5 de xuño4 de maio
Prezo público por escola de música – 1º trimestre do curso 2026-20271 de outubro7 de decembro2 de novembro
Prezo público por servizo de piscina municipal1º día de cada mesÚltimo día hábil do mes posteriorDía 7 do primeiro mes (ou hábil seguinte)
Anterior Máis de 60 gatos de rúa esterilizados, vacinados e rexistrados: o balance do Plan CES en Marín

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados