Campamentos de Conciliación 2022

Campamentos de Conciliación 2022

A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, anunciou esta mañá que o luns 2 de maio abrirá o prazo de inscrición para solicitar unha praza nos campamentos de verán de conciliación que ofrece o Concello de Marín, dirixidos a menos e nenas de entre 3 e 12 anos, é dicir, os nados entre o 2010 e o 2019.
A inscrición poderá realizarse de dúas maneiras: presencialmente no Rexistro municipal, cun máximo de 5 solicitudes por persoa ou de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello de Marín co certificado dixital. No caso de non telo, pode solicitalo no Concello a través deste link: https://www.concellodemarin.es/expedicion-de-certificado-dixital/
O prazo de presentación rematará o 20 de maio e o listado de prazas concedidas sairá antes do venres 28.
O prezo público será o mesmo que todos os anos, 30€ por cada neno ou nena. Mantéñense as catro quincenas para os campamentos urbanos e as dúas para o rural, volvendo a ofertar 300 prazas coma antes da COVID-19.

UBICACIÓN TEMPORALIZACIÓN Nº DE PRAZAS
CEIP DA LAXE 1 – 15 de xullo 75
CEIP DA LAXE 18 – 29 de xullo 75
CASA DE CULTURA MOGOR 25
CEIP DA LAXE 1 – 12 de agosto 50
CEIP SEIXO 25
CEIP DA LAXE 16 – 31 de agosto 50
TOTAL: 300 PRAZAS

Como novidade o campamento que se viña levando a cabo na Casa de Cultura de Seixo se traslada ao CEIP Seixo.

Forma de pago

O pago do prezo público poderá realizarse mediante domiciliación bancaria, por pago telemático ou de xeito presencial nas oficinas da Tesourería municipal.
Para o pago por domiciliación bancaria, o solicitante debe autorizar ao Concello de Marín para adebedar na conta que se indique (da que o solicitante debe ser titular) o importe do prezo público. O cargo na conta será realizado o 6 de xuño de 2022.
No caso de realizar o pago telemático, haberá de prazo ata o día 6 de xuño de 2022.
Se o pago quere realizarse presencialmente nas dependencias da Tesourería do Concello de Marín, deberá ser en horario de 9:00 a 14:00 horas entre os días 1 e 10 de xuño, para o que debe solicitar cita previa na sede electrónica do Concello de Marín ou chamando ao número de teléfono 986 88 03 00.

Anterior A mellora da rede de saneamento no río Lameira, cada vez máis cerca

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados