Campaña de Responsabilidade na Tenencia de Animais

Campaña de Responsabilidade na Tenencia de Animais

Coa intención de dar visibilidade e sobre todo concienciación ós donos dos cans que aínda non respectan o noso entorno e non cumpren coa ordenanza de tenenza de animais, dende o Concello por unha parte colocáronse uns cubos disuasorios e de información, para que eses donos que non recollen os excrementos, que levan os cans soltos, ou sen bozal sendo obrigatorio pola rua raza, ou sen microchip, entendan que esa actitude repercute en todos os veciños e na propia imaxe do noso pobo.

Ademáis, como neste tema téndese a xeralizarse, fálase de “donos de cans”, cando no control feito pola policia local durante unha serie de días, percíbese como a maioria dos donos son responsables.

Por eso insístese dende o Concello que para ter un can, primeiro hai que ter responsabilidade, para non manchar as rúas, para non provocar lesións noutros veciños, para que se o can se perde e ten o microchip sexa fácil a localización de volta o seu dono….

A Policía Local paralelamente e co afán de impulsar a concienciación, realizou 161 controis, co obxectivo de informar, pedir colaboración e expoñer as obrigas dos donos cara a mellorar a convivencia en espazos públicos, sobre todo os que son frecuentados por nenos e maiores.

Estos módulos informativos desprázanse do parque Eguren á zona de xogos da Avda. de Ourense zona tamén moi frecuentada.

Anterior IV ANDAINA MONTES E PRAIAS DE MARIN

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados