Cerca de 200 persoas escolleron o CIP de Mogor coma unha parada imperdible nas súas vacacións de Semana Santa

O interese por coñecer o noso patrimonio mantense dentro da oferta turística da vila. Durante a Semana Santa, tal e como explican desde Anta da Moura, empresa encargada da xestión do Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor, cerca de 200 persoas visitaron o enclave, “aínda que esta cifra debe incrementarse nun 30-40%, xa que moita xente visita por libre os petróglifos sen pasar polo CIP, polo que non quedan rexistrados”.

Maioritariamente, o perfil dos visitantes era en parellas ou en grupos familiares, con tramos de idade comprendidos entre os 30 e os 60 anos, aínda que tamén se rexistraron moitas visitas de persoas maiores de 60.

En canto á procedencia, desde o CIP explican que se nota “ese auxe que estamos a vivir do turismo nacional, xa que veu moita xente de fóra de Galicia, namentres que estranxeiros só recibimos un de Portugal”. Xente de Madrid, Barcelona, Girona, Burgos, Toledo, La Rioja, Bilbao, Xixón, León ou Huesca achegáronse até Mogor. Desde Galicia, rexistráronse visitantes de Lugo, A Coruña, Pontevedra, Vigo, Ourense, Bueu, Cangas, Salceda de Caselas, Ferrol, Ribeira, Ordes, Narón ou Chantada, entre outros.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies