Cerca de 650 nenos e nenas inscribíronse nas Escolas Deportivas Municipais

Cerca de 650 nenos e nenas inscribíronse nas Escolas Deportivas Municipais

30 setembro 2021

As Escolas Deportivas Municipais xa teñen a súa resolución. Segundo os datos aportados esta mañá polo concelleiro de Deportes, Antonio Traba, en total inscribíronse 642 nenos e nenas.

Por disciplinas deportivas, o reparto quedaría do seguinte xeito:

  • BALONCESTO: 57 (Marín Peixegalego)
  • RÍTMICA: 24 (Inmare) y 19 (Agarimo)
  • ACROBÁTICA: 21 (Vila de Marín)
  • FÚTBOL SALA: 30 (Marín Futsal) y 38 (La Peña)
  • PILATES: 17 (Alaia)
  • REMO: 28 (Club de Remo Ría de Marín)
  • TAEKWONDO: 20 (Mats Marín)
  • WATERPOLO: 9 (Waterpolo Pontevedra)
  • BTT: 21 (XSM)
  • ATLETISMO: 21 (San Miguel)
  • TENIS: 45 (Club de Tenis Marín)
  • JUDO: 68 (Dom+ Marín)
  • FÚTBOL: 38 (EF Villa de Marín)
  • BOXEO: 45 (Team Thunder)
  • VELA: 9 (Club de Mar Aguete)
  • BÁDMINTON: 20 (Bádminton Marín)
  • TRIATLÓN: 44 (CD Pinarium)
  • PIRAGÜISMO: 14 (Piragüismo Tambo)
  • NATACIÓN/NATACIÓN INFANTIL: 30 (Soom)
  • PÁDEL: 24 (Pádel SEI SN)

En todas as modalidades, excepto en pádel e en natación (no primeiro caso pedíronse 32 prazas e foron concedidas 24, e no segundo, pedíronse 81 e concedéronse 30), todas as inscripcións foron aceptadas.

As listaxes dos admitidos nestas dúas disciplinas pode consultarse na web do Concello de Marín.

A partir da próxima semana, xa comezarán as clases para estes cerca de 650 rapaces e rapazas, que grazas a esta iniciativa municipal poderán adestrar ao deporte que lles apaixoa na súa vila ou aproveitar o inicio de curso para descubrir unha nova afición.

 

Anterior O venres reabrirán os locais municipais e deixará de ser obrigatoria a cita previa no Concello e na Biblioteca

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados