I Certame de fotografía do Mar
I Certame de fotografía do Mar

I Certame de fotografía do Mar - Museo do Mar

A Asociación Cultural por un Museo do Mar para Marín é a entidade organizadora deste certame. O Museo do Mar de Marín, desde a súa creación, ten como un dos seus obxectivos principais a recuperación da identidade mariñeira da vila de Marín, así como a conservación e divulgación do patrimonio cultural vinculado ao mar, á cultura marítima e mariñeira. O mar é un elemento fundamental para entender e divulgar a nosa identidade. Así pois, o Certame de Fotografía do Mar encádrase totalmente dentro dos obxectivos do Museo do Mar de Marín.

O Certame de Fotografía do Mar promove a valoración do mar como ecosistema e a concienciación da importancia da súa protección e conservación, así como a dignificación dos oficios relacionados co mar e o recoñecemento das persoas que dedicaron e dedican a súa vida aos traballos tanto no mar como en terra vinculados directa ou indirectamente ao mundo da pesca e o marisqueo.

A Asociación Cultural por un Museo do Mar para Marín convoca a primeira edición deste certame.

2025 Concello de Marín. Todos los derechos reservados