Cinco empresas interesadas na licitación do proxecto de remodelación do Liceo Casino

12 xaneiro 2022

O futuro Centro de Ocio Xuvenil aspira a converterse nun lugar de encontro para a mocidade da nosa vila, ofrecendo espazos para temas académicos, de aprendizaxe e de xogo, moi centrado nas novas tecnoloxías.

Nestes momentos, as obras de remodelación do espazo en base ao proxecto aprobado están en proceso de licitación. Cinco empresas mostraron interese en concurrir a este concurso e acudiron ata as instalacións acompañados dos técnicos municipais.

A inversión total da remodelación, da que se beneficiará tanto a planta baixa como o soto do inmoble, é de 397.939,91 euros.

Esta inversión realizarase con cargo ao remanente de Tesourería e axudará a adaptar as actuais instalacións, que datan de 1993 e ocupan case 1.700 metros cadrados. O soto será destinado ao Arquivo municipal, que estará mellor catalogado e conservado, e contará cunha entrada única.

Contará cunha zona de recepción propia xunto ás escaleiras existentes e prevese a instalación dun ascensor para facilitar tanto o acceso peonil como o traslado de cargas pesadas ao arquivo.
No que respecta á planta baixa, a día de hoxe existe unha distribución con usos como cafetaría, sala de baile, ximnasio e piscina. Con este proxecto, readaptarase esa distribución para poder crear un amplo vestíbulo multiusos, unha sala de traballo e estudo, unha sala de informática e unha sala de xogos e descanso.

Cando remate a licitación, a Mesa de Contratación adxudicará a obra á oferta máis vantaxosa para despois poder iniciar a execución.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies