COMUNICADO OFICIAL DO CONCELLO DE MARÍN RESPECTO Á PISCINA MUNICIPAL
Comunicado piscina

COMUNICADO OFICIAL DO CONCELLO DE MARÍN RESPECTO Á PISCINA MUNICIPAL

Marín, 25 setembro 2024

Despois das falsidades e informacións mal intencionadas que se están a verter respecto das obras executadas na Piscina Municipal de Marín, o Concello declara o seguinte:

1.- Execución das obras

As obras realizadas o ano pasado cunha inversión de 604.000 euros, procedentes dunha subvención da Deputación de Pontevedra, foron perfectamente executadas, rematadas e recepcionadas.

Estas obras consistiron na mellora da instalación naqueles puntos máis críticos que presentaba polo paso do tempo. Suxerir ou poñer en dúbida o correcto uso dos fondos adicados a este fin, perfectamente auditados e fiscalizados tanto polos servizos técnicos do Concello como dos da Deputación de Pontevedra, como administración subvencionadora da contía investida, é dunha baixeza política nunca vista na nosa vila.

2.- Obxecto das obras e melloras levadas a cabo no centro

Tal e como se pode ler textualmente no proxecto, o obxecto era o seguinte: Actuacións sobre as fachadas, cubertas, estruturas metálicas (cerchas) e interior de vestiarios e ximnasios, de cara a mellorar e /ou preservar o actual estado da instalación. Contémplase, ademais, a retirada do equipamento fóra de uso (instalación de paneis solares en cuberta).

De xeito específico, estas foron as intervencións realizadas e que melloraron o estado anterior da instalación, tal e como se pode comprobar no anexo fotográfico do proxecto confrontándoo coa imaxe actual:

Cuberta:

● Desmontaxe completa da instalación dos paneis solares na cuberta, así como todas as canalizacións, estruturas metálicas e accesorios asociados a esta instalación fotovoltaica, que se atopaba obsoleta
● Desmontaxe do lucernario de vidro e de toda a súa estrutura que iluminaba a piscina
● Construción dun novo lucernario con placas translúcidas
● Desmontaxe de todas as varandas metálicas
● Execución dunha nova cuberta e impermeabilización da mesma
● Saneamento dos espazos exteriores:

○ Limpeza de maleza
○ Colocación de mallas antivexetación
○ Formación de desaugadoiros…

Fachadas exteriores:

● Limpeza con chorro de auga dos paramentos verticais
● Aplicación dun tratamento funxicida contra algas, liques e mofos
● Homoxeneización das zonas irregulares e pintado con pintura acrílica plástica para fachadas
● Aplicación de esmalte microporoso en todas as superficies de madeira
● Reparación de elementos en mal estado e substitución dos paneis que faltan por uns novos das mesmas características

Construción da nova fachada:

● Montaxe de fachada translúcida de dobre acristalamento e marco perimetral de aluminio para a sala de actividades con illamento acústico

Reparación da carpintaría exterior de acceso:

● Colocación de follas practicables e fixas
● Substitución de ferraxes de colgue e peche
● Reparacións mecánicas e revisión de suxeccións
● Lixado e vernizado do pavimento de madeira circundante
● Saneo, revisión, limpeza e mantemento doutros elementos en mal estado na zona da entrada
● Limpieza de óxiso e de graffitis

Estrutura metálica:

● Limpeza de cerchas e de toda a estrutura metálica, eliminando o óxido e aplicando unha capa de protección antioxidante
● Demolición do falso teito de escaiola e da estrutura metálica de suxección e colocación dun novo teito
● Lavado e rascado das pinturas dos paramentos verticais e horizontais
● Aplicación de pintura plástica branca mate para interior adaptada ao entorno e resistente á humidade
● Aplicación dunha man de imprimación transparente sobre as superficies máis porosas

Bancadas de vidro:

● Reposición e selaxe dos elementos danados

Vestiarios:

● Demolición da soleira
● Execución dunha drenaxe interior
● Demolición do falso teito de escaiola e colocación dun novo
● Colocación de placas ríxidas de polestireno para o illamento térmico e actuación nos paramentos verticais

Sala fitness:

● Levantado da tarima de madeira para colocar baldosa tipo gres
● Colocación dun novo teito

3.- Actuacións que NON contemplaba o proxecto executado e nova dotación de maquinaria

As actuais críticas que está a verter a oposición mezclan cuestións de mellora e mantemento da instalación que, se leran e coñeceran o expediente do proxecto, saberían perfectamente que NON estaban incluídas no mesmo.

Nin o aire acondicionado, nin a reparación do ascensor, nin a posta en marcha do jacuzzi ou a sauna, así como a renovación completa dos vestiarios estaban dentro deste proxecto. Para todas estas melloras, das que o Concello de Marín é plenamente consciente, seguirase buscando financiación, pero non era viable metelas dentro do proxecto realizado porque decidiuse priorizar na subvención aqueles arranxos máis urxentes.

Con respecto á maquinaria da sala fitness, á que a oposición tamén fixo mención en todos os seus comunicados, tampouco entraba no proxecto executado. Así a todo, o Concello xa conseguiu unha nova subvención da Deputación de Pontevedra por valor de 25.000 euros para adquirir esta maquinaria. A súa dotación xa foi adxudicada a unha empresa que surte deste tipo de equipamento, que incluirá:

● Dúas bicicletas elípticas
● Unha stair claimber
● Dúas máquinas de remo
● Dúas estanterías para mancuernas
● Dous soportes para pesas
● Varias unidades de pesas de distintos quilogramos
● Seis pratos olímpicos
● Dúas barras olímpicas normais e outra hexagonal
● Varios xogos de mancuernas
● Cordas para TRX

4.- Aparición de goteiras onte: a súa orixe NON ten que ver coa execución da obra

Aproveitarse dun problema puntual sen nin tan sequera saber a razón de que se produza é outro erro grave que comete a oposición nas súas acusacións. As goteiras que apareceron nos vestiarios onte NON ten que ver coa obra executada.

A orixe desa filtración é un sumidorio do EXTERIOR das instalacións, que se atopa no espazo público e no que se produciu unha avaría, tal e como certificaron os servizos técnicos municipais nunha visita esta mañá á piscina. A avaría será reparada á maior brevidade posible polos operarios da Brigada municipal.

5.- Dous millóns de euros: inversión do Concello no novo contrato de servizos impulsado para a xestión da piscina

Dicir que o Concello de Marín non quere investir na piscina municipal é faltar enormemente á verdade. Hai apenas uns meses sacouse de novo a licitación da súa xestión, un contrato de 2 millóns de euros que recaeu de novo na empresa Soom Management polos próximos cinco anos.

Este contrato cambia con respecto ao anterior. Antes era unha concesión, onde a empresa adxudicataria (Soom) tiña por obligación realizar o mantemento e as reparacións pertinentes, así como de cobrar as cuotas de socio. Ese modelo de contrato non era rentable polos enormes gastos que ten unha instalación coma esta.

Por iso, o Concello optou nesta nova licitación por un contrato de servizo, que libera á empresa adxudicataria (de novo, Soom) das tarefas tanto de mantemento como de cobro de cuotas e no que se recolleu a subrogación de toda a plantilla que anteriormente traballaba na piscina, para que puideran seguir facéndoo fose cal fose a empresa que gañara a licitación.

5.- Cuotas: un novo prezo público para o 2025

Con este cambio de modelo de xestión, polo tanto, será preciso aprobar un novo prezo público, que entrará en vigor no inicio do 2025, momento no que xa se contará coa nova maquinaria instalada.

Ata decembro, nin se están cobrando nin se cobrarán as novas cuotas, que oscilarán nunha subida en torno aos 5 euros e nos homologarán aos prezos das piscinas doutros concellos da contorna.

Anterior A Milla de San Miguel volverá encher de atletismo a Avenida de Ourense

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados