O Concello reforma integralmente o patio da Galiña Azul de San Pedro

O Concello reforma integralmente o patio da Galiña Azul de San Pedro

O Concello de Marín vén de practicamente rematar as obras de reforma integral do patio da Galiña Azul de San Pedro, un espazo moi utilizado polos pequerrechos que van á escola infantil e que precisaba dunha actuación urxente, dando que polo uso e as inclemencias meteorolóxicas, atopábase nun estado xa moi degradado.

Tal e como explicou a concelleira de Educación, Marián Sanmartín, as obras consistieron  “na  reposición  do  chan,  onde  colocamos  caucho;  na  retirada  do valado e dun xogo anterior, que tamén se atopaba en malas condicións”. Ademais de repoñer ese chan, adquiriuse un novo elemento de ocio para que os nenos e nenas xoguen nel con toda seguridade.

Os traballos arrancaron a pasada semana a cargo da empresa HPC e estarán listos mañá. A inversión rondou os 15.700 euros. “Con esta obra, seguimos consolidando a nosa aposta por manter na mellor das condicións posibles os centros educativos”, explicou Sanmartín, que adiantou que a próxima obra de relevancia que se levará a cabo nunha infraestructura educativa en Marín será “a substitución dunha parte da cuberta da EII do Grupo Escolar”.

“A obra xa está adxudicada e recén entregado o Plan de Seguridade e Saúde”, indicou a edil de Educación, que cifra a inversión deste proxecto no entorno dos

30.000 euros, pero asegura que se trata dunha “actuación necesaria e prioritaria que esperemos que poida iniciarse canto antes”.

Anterior O Concello repartirá 11.000 euros en premios no desfile de adultos de Entroido

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados