O Concello de Marín convoca tres prazas de peón para reforzar a Brigada de Obras municipal
Fachada do Concello

O Concello de Marín convoca tres prazas de peón para reforzar a Brigada de Obras municipal

Marín, 24 abril 2026

O Concello de Marín anunciou a apertura do proceso selectivo para a cobertura en propiedade de tres prazas de peón, co obxectivo de fortalecer o cadro de persoal da Brigada de Obras do municipio mediante o sistema de oposición.

Non é preciso estar en posesión de ningunha titulación académica para participar, facilitando así o acceso ao emprego público a un maior número de cidadáns. Os aspirantes deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:

  • Ter a nacionalidade española ou cumprir os supostos de acceso para nacionais doutros estados.
  • Ter cumpridos os 16 anos e non exceder a idade de xubilación forzosa.
  • Posuír a capacidade funcional necesaria para as tarefas da praza.
  • Acreditar o coñecemento da lingua galega (nivel Celga 2 ou equivalente) ou superar unha proba específica.

Proceso de selección

A oposición constará de tres exercicios obrigatorios e eliminatorios:

  • Exame de coñecementos: Un cuestionario por escrito de 5 preguntas curtas sobre o temario xeral.
  • Caso práctico: Realización de tarefas ou resolución de supostos relacionados coas funcións da categoría.
  • Proba de galego: Tradución dun texto para aqueles que non acrediten o título Celga 2.

Prazo e presentación de solicitudes

Os interesados disporán dun prazo de 20 días hábiles para presentar a súa solicitude, contados a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).

As solicitudes deberán tramitarse preferentemente de forma electrónica a través da sede electrónica do Concello de Marín.

Temario para o proceso

I. Parte xeral:

  1. A Constitución española de 1978. Significado, caracteres e estrutura. Principios xerais.
  2. O municipio: concepto, elementos e competencias.
  3. A organización política do concello: o alcalde, a Xunta de Goberno Local e o Pleno.
  4. Dereitos e deberes dos funcionarios locais. Réxime disciplinario dos funcionarios locais.

II. Parte específica:

  1. Conservación e mantemento de edificios públicos: reparacións de mobiliario, eléctricas, de fontanería, de instalacións, de xardinería de carpintería.
  2. Normas elementais de amoreamento e almacenaxe dos diversos materiais utilizados.
  3. Saneamentos: elementos constitutivos da rede, arquetas, tubos, etc. Tipos e características construtivas. Rede de sumidoiros. Pozos. Arquetas sifónicas. Sumidoiros. Pendente de canalizacións horizontais.
  4. Redes de abastecemento de auga. Funcionamento e mantemento. Fontanería interior.
  5. Ferramentas básicas e equipos empregados por un operario de servizos múltiples.
  6. Clases de morteiro que se utilizan na construción: azulexado, soleira, recebo, crecido de muros, lucido, tellas, soleiras de cubertas.
  7. Rozadoiras mecánicas: tipos e características das partes en que se compoñen. Cabezais de roza. Operacións de conservación periódicas.
  8. Muros de cachotería. Muros de ladrillo.
  9. Cubertas. Pavimentos e baldosas.
  10. Normas de seguridade e hixiene que se terán en conta na execución de traballos polas brigadas municipais. Prevención de riscos laborais.
Anterior María Solar e Pedro Feijoo, primeiros nomes confirmados para a Vila das Letras

2026 Concello de Marín. Todos los derechos reservados