O Concello rehabilitará o firme da estrada de acceso a Arealonga, cunha inversión de máis de 46.000€
Estrada de acceso a Arealonga

O Concello rehabilitará o firme da estrada de acceso a Arealonga, cunha inversión de máis de 46.000€

Está aberta a licitación para a presentación de ofertas ata o 20 de agosto e forma parte do Plan Camiña Rural, financiado con fondos autonómicos.

Marín, 19 agosto 2026

O mantemento das vías rurais é unha das prioridades de inversión nas parroquias que ten o Concello de Marín, debido á importancia que teñen estas infraestruturas de tráfico para vertebrar o territorio e dar servizos de mobilidade á veciñanza dos núcleos.

Nese contexto, realizarase a mellora integral da estrada que dá acceso a Arealonga, na parroquia de San Xulián, cunha inversión de 46.246 euros, con cargo ao Plan Camiña Rural da Xunta de Galicia.

Rehabilitación e ampliación do firme a mellora do drenaxe da plataforma da vía, que ata agora está afectada por infiltracións tanto do talud como de escorrentías das parcelas colindantes, o que foi deteriorando cada vez máis a estrutura.

Renovaranse todas as capas de rodadura e trataranse de aproveitar ao máximo os sobrenachos, renovarase tamén a sinalización horizontal mediante o pintado de marcas de seguridade e a sinalización vertical.

Búscase tamén que esta vía, agora infrautilizada pola seu mal estado, sexa unha alternativa segura e funcional para o acceso ao núcleo de Arealonga desde a Variante VG 4.4 e desde a estrada EP-0019 Figueirido-Marín.

O prazo de execución calculado no proxecto é de dous meses desde que se empezan os traballos.

As empresas interesadas en presentarse á licitación terán ata o 20 de agosto (incluído) e deberán facelo a través da Plataforma de Contratación do Sector Público.

Anterior A COVIÑA

2026 Concello de Marín. Todos los derechos reservados