Concluído o prazo de presentación de ofertas á licitación das obras de humanización da Avenida de Ourense

Concluído o prazo de presentación de ofertas á licitación das obras de humanización da Avenida de Ourense

O proxecto de humanización e mellora da Avenida de Ourense segue dando pasos na súa tramitación burocrática ca fin de facer realidade un dos maiores plans de mobilidade impulsado polo Goberno local nos últimos anos.
Segundo informou esta mañá a alcaldesa de Marín, María Ramallo, este proxecto atópase en plena licitación e vén de rematar o prazo de presentación de ofertas. Este procedemento, pola envergadura da actuación, dividiuse en dous lotes. Un deles centrado nos traballos de humanización, ao que se presentaron 15 empresas, e outro relativo á instalación da nova iluminación, que cumprirá cos criterios de eficiencia enerxética, ao que se presentaron 4 empresas, concurriendo agunhas delas a ambos lotes.
Para as vindeiras semanas está previsto que as propostas sexan sometidas ao criterio técnico, procedendo despois á apertura dos sobres relativos ás ofertas económicas, para determinar, finalmente, que firma resultará a adxudicataria das obras.
A segunda parte dun proxecto global
A humanización da arteria principal do municipio enmárcase dentro do proxecto europeo Marín 2020, que forma parte da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (EDUSI), impulsada e financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea.

A súa execución supón a segunda parte do proxecto global de mellora da Avenida de Ourense, sendo a primeira parte a obra de renovación do colector, unha actuación “que nos marcamos como un obxectivo necesario e primordial para mellorar o saneamento da ría”, explicou a alcaldesa. A finalización destes traballos, que xa se atopan na súa cuarta fase, está prevista para o primeiro trimestre do ano.
“Agora, podemos por en marcha esta segunda fase, executando un proxecto completo de mobilidade neste espazo público tan relevante para a nosa vila”, asegura a alcaldesa. Os protagonistas da nova avenida serán aos peóns e aos ciclistas, dado que está proxectada a construción dun carril bici practicamente ininterrumpido que conecte todas as zonas urbanas que discorren á beira do viario ata a marquesiña do autobús da Praza de España.

Paralelamente, tal e como xa se comentou máis arriba, renovarase íntegramente o alumeado público, “o que comportará unha partida económica importante, pero que supón unha necesidade que debemos atender para cumprir co aforro e a eficiencia enerxética”.
Asemade, renovarase o mobiliario público, con novas áreas de descanso, e o pavimento, ademais de plantar novas árbores de porte cas que se crearán zonas de sombra que humanizarán e naturalizarán a contorna.
A inversión para esta actuación, derivada dos Fondos Dusi antes sinalados, será de 1.400.000 euros.

Anterior Valoradas cinco zonas semiurbanas para colocar composteiros comunitarios en Marín

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados