Concurso de Decoración de Nadal

 

Bases Concurso Decoración

Solicitude Inscrición

A vila de Marín volverá contaxiarse do espírito do Nadal grazas á decoración. Despois do éxito do pasado ano, o Concello volve convocar o II Concurso de Decoración do Nadal, co obxecto de fomentar a participación cidadá no embelecemento e ornamentación da vila, facendo cómplices a comerciantes, hostalaría e veciñanza.

“Despois da boa resposta que tivo esta iniciativa o ano pasado, decidimos volver convocar aos veciños, comerciantes e a todas aquelas persoas que queiran participar a decorar a nosa vila”, explican desde o Concello.

Para poder participar, será preciso ter a decoración exposta desde o 10 de decembro de 2021 ata o 6 de xaneiro de 2022. Establécense tres categorías:

  • COMERCIO: Valorarase en conxunto o mellor escaparate e interior dos comercios e negocios participantes, que terán que estar ubicados no termo municipal.
  • HOSTALARÍA: Valorarase tamén a mellor entrada e interior do establecemento, tendo en conta tamén ventanais. Só poderán participar locais ubicados no termo municipal.
  • VIVENDAS: Establécense dúas modalidades dentro desta categoría.
    • Comunidades de veciños: deberán decorar as entradas principais dos seus edificios e que esas decoracións sexan totalmente visibles dende a vía pública.
    • Vivendas unifamiliares: de novo, a decoración tanto de fachadas como xardíns que sexan visibles dende a vía pública.

Haberá que usar elementos decorativos tradicionais do Nadal e os obxectos de venda que se atopen nos escaparates poderán ser cambiados, sempre que non se modifique a decoración que concursa.

Inscrición

O prazo de inscrición xa está aberto e finalizará o día 10 de decembro. Para participar, será preciso encher o anexo que se poderá encontrar na páxina web do Concello (www.concellodemarin.es) ou no Rexistro municipal. O anexo cumplimentado poderá presentarse igualmente de novo ou no rexistro ou a través da sede electrónica.

Premios

En todas as categorías, haberá un primeiro premio de 300 euros e un segundo de 200 euros. Ademais, farase un sorteo entre todos os participantes (a excepción dos gañadores) por valor de 100 euros.

O xurado estará composto pola alcaldesa do Concello de Marín ou a persoa na que delegue, un representante da Concellaría de Festas, outro da de Cultura e outro da de Comercio, un funcionario municipal e representantes veciñais de Marín.

Valorarase que os adornos conteñan motivos alusivos ás festas, que haxa boa iluminación (preferentemente LED), a orixinalidade e a singularidade e a utilización de material reciclado.

O fallo do xurado realizarase o luns 28 de decembro.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies