XXIII Premio de Poesía
XXII Premio de Poesía Concello de Marín

XXIII Premio de Poesía

O prazo de presentación de propostas estará aberto ata o 4 de maio.

Requisitos e premios

As bases establecen que os traballos presentados deberán ser en lingua galega, orixinais e inéditos. A temática é libre e as obras terán unha extensión mínima de 100 versos, podendo formar parte dun só poema ou de varios. Os criterios de valoración terán en conta a orixinalidade no tratamento da temática, o emprego dunha linguaxe e estilo ricos, así como o rigor e a calidade da obra.

O certame conta cos seguintes premios:

  • Un premio único de 1.000 euros para a obra gañadora.
  • Un accésit de 200 euros para aquel traballo que recolla os méritos suficientes para ser destacado, aínda que non reciba o premio principal.

Prazos e presentación

O prazo para a recepción de orixinais comeza o venres 20 de marzo de 2026 e permanecerá aberto ata o 4 de maio de 2026 ás 14.00 horas.

Seguindo o sistema de plica para garantir o anonimato, as persoas autoras deberán presentar os seus traballos en dous sobres pechados. A presentación farase, preferiblemente, en formato dixital (USB), aínda que se mantén a opción da presentación en papel.

Un xurado composto por persoas de relevancia do mundo da cultura e da literatura galegas avaliará as obras presentadas. O fallo farase público o 14 de maio a través de todas as canles de comunicación oficiais do Concello. A entrega do premio realizarase no acto de celebración do Día das Letras Galegas, onde as persoas premiadas se comprometen a acudir para recoller o galardón e realizar unha lectura pública do seu traballo.

2026 Concello de Marín. Todos los derechos reservados